INTRODUCIÓN
A enerxía é a forza vital da nosa
sociedade. Dela dependen a iluminación de interiores e exteriores, o
quecemento e refrixeración das nosas casas, o transporte de persoas
e mercadorías, a obtención de alimento e a súa preparación, o
funcionamento das fábricas, etc.
O consumo enerxético incrementouse nos últimos cen anos, á vez que o facían os conflitos por apropiarse dos recursos . A consecuencia xa a coñecemos: guerras e inxustizas, esgotamento dos recursos fósiles (carbón e petróleo), contaminación das augas, da terra e do aire,...
Todos estes aspectos fan necesario
reformularse a situación actual e usar fontes de enerxía locais, accesibles para todo o mundo e que respecten o medio. E agora imos coñecelas un pouco mellor coas seguintes tarefas
TAREFA
A tarefa a realizar é un traballo de
investigación sobre cada unha das enerxías renovables, elaborando
un proxecto escrito e unha presentación en clase. Todos os traballos
deberán ter, como mínimo, os seguintes puntos desenvolvidos:
- Xeneralidades da enerxía
alternativa
· Que é?
· Que a produce?
· Observacións
- Descrición do proceso de
transformación de enerxía primaria a electricidade
· Luz solar ? Electricidade
· Vento ? Electricidade
· Salto de auga ? Electricidade
· Residuos (RSU e FORSU) ?
Electricidade
· Cereais e outros produtos ?
Biocombustibles
.Correntes marinhas e mareas? Electricidade
.Correntes marinhas e mareas? Electricidade
- Lugares de transformación.
Descrición e estudo. Modelos
· Paneis solares fotovoltaicos
· Aeroxeradores
· Centrais Hidroeléctricas. Turbinas
· Centrais de biomasa
· Centrais de produción de
biocombustibles...
- Posibilidades de abastecemento coa
enerxía alternativa elixida
- Potencial de aproveitamento en
Galicia e España. Centros de produción
· Xa instalados (centrais hidráulicas,
parques eólicos, hortas solares...)
· Por instalar
- Comparación coas enerxías non
renovables (carbón, petróleo, gas natural, uranio ).
Vantaxes e inconvenientes de usar enerxías renovables ou non
renovables.
- Conclusións.
- Opinión persoal, son as enerxías
renovables o futuro?
PROCESO
1) Constitución do grupo: Organización
en grupos de tres alumnos.
2) Repartición de tarefas: Cada alumno
farase cargo de buscar información sobre un terzo das cuestións
indicadas en TAREFA para cada grupo. A presentación farase de
maneira conxunta, tanto a de clase como as ferramentas de apoio á
presentación
3) Procura de información: Cada membro
do grupo buscará a información das cuestións que lle foron
asignadas na web, bibliografía... Esta información irá sendo
recollida de forma ordenada para a súa posterior elaboración.
4) Posta en común dos resultados da
procura: O tres membros do grupo exporán aos seus compañeiros os
resultados da súa procura particular, decidindo de maneira conxunta
que información (tanto gráfica como textual) pasa a formar parte do
traballo e cal se desbota.
5) Confección final do traballo:
Seguindo o guión indicado na TAREFA, confeccionarase o proxecto
escrito. Como se dixo anteriormente, a presentación en clase
realizarase de forma conxunta polo tres alumnos de cada grupo.
RECURSOS
- Enciclopedias convencionais e
multimedia (exemplo: Wikipedia).
- Bibliografía e documentación
escrita da biblioteca e departamentos (relacionados coa temática do
traballo) do propio centro.
- Buscadores e metabuscadores de
internet. Algúns exemplos:
· http://www.google.es/
· http://www.buscamultiple.com/
· Moitos máis exemplos buscando en
rede buscadores e metabuscadores.
- Páxinas web interesantes. Algúns
links que vos poden axudar:
· www.idae.es/ Instituto para a
Diversificación e Aforro de Enerxía. España.
· www.renewablepowers.blogspot.com/
Blog sobre Enerxías Renovables
· http://www.energias-renovables.com/
O xornalismo das enerxías limpas
· www.erenovable.com/
. http://www.ecoticias.com/
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/huellaecologica.htm
. http://www.ecoticias.com/
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/huellaecologica.htm
sobre electricidade no estado español (produción, transporte, pegada ecolóxica,...)
. http://www.idae.es/, enerxías renovables e eficiencia enerxética
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/esquemas/esquemas.htm, funcionamento das distintas centrais eléctricas
. http://www.idae.es/, enerxías renovables e eficiencia enerxética
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/esquemas/esquemas.htm, funcionamento das distintas centrais eléctricas
AVALIACIÓN
A avaliación realizarase en función
dos seguintes criterios:
- Profundización no desenvolvemento
dos puntos propostos para o traballo.
- Utilización dos enlaces propostos
- Nivel de síntese e asimilación da
información obtida
- Presentación en clase ( dominio do que se está falando, coordinación cos compañeiros, calidade do material de apoio usado na exposición)
BOA SORTE!
CONCLUSIÓN
Unha vez finalizado os traballos e
expostos en clase abrirase un debate entre todos. A mesa redonda tratará sobre as dificultades
atopadas na elaboración dos traballos e como se resolveu. Así mesmo
abrirase un debate sobre as enerxías renovables.
Esperemos que este traballo sirva para coñecer as enerxías renovables e ter un criterio máis documentado sobre elas
Sem comentários:
Enviar um comentário