Logo de resolver convenientemente o traballo sobre os formatos máis usuais, imos practicar cun editor de son , o audacity. Para iso efectuaredes unhas prácticas que me mandaredes por correo en formato mp3
Tedes axuda nesta ligazón
Práctica 1
Gravar a túa voz:
“Coido que non vou aprobar informática. Estou triste”
Mandarma como
práctica “desesperad@”
Práctica 2
Cortar o “non” e
poñelo para que quede “...Non estou triste”
Mandarma como
“esperanzad@”
Práctica 3
Recitar e gravar un
poema (mínimo 10 versos).
Mandarmo como
“poema”
Práctica 4
Colle un tema
musical instrumental acaído para o poema (aconsellable Milladoiro,
Paco Barreiro,...)
Mandarmo como
“instrumental”
Práctica 5
Crea un documento co
poema e a música en pistas separadas
Traballa o proxecto
con distintas ferramentas ( envolvente, amplificar,...) antes de
enviarmo co título “poema con música”
Atención: non te
desfagas do documento .aup por se tes que reelaboralo
Práctica 6
Para que serven as
seguintes ferramentas:
Fade in
Fade out
Cambiar a velocidade
Cambiar o tempo
Eco
Wah-wah
Mándamo como
“efectos” nun documento de texto
Práctica 7
O obxectivo é
facerdes unha cuña publicitaria . Podes escoller entre os seguintes
temas:
Un anuncio para unha
campaña que promova o abandono e prevención do tabaco.
Un anuncio para unha
campaña de prevención da violencia de xénero.
Un anuncio para unha
campaña para a prevención do acoso escolar.
A cuña ten que ter
un tempo mínimo de 20 segundos e un máximo de 30.
1.Debes seleccionar
a túa canción e abrila con Audacity.
2.Redacta por
escrito nunha folla aparte o texto que vas usar para a cuña.
3.Grava o audio coa
túa voz para a música . Se sobra música, recorta o tramo final da
pista en cuestión para que a duración da cuña se axuste ao
solicitado.
4.Cando se reproduza
ouvirase o audio e a música de fondo. Se fai falta baixa o nivel do
audio da música e sobe o da túa voz coa opción Amplificar
5.Cando entre a túa
voz debe baixar o volume da música automaticamente
con axuda da
ferramenta envolvente e ao acabar a voz debe volver subir o volume da
música.
6.Ao final debe
diminuír de forma progresiva o tramo final de música
Mandádemo como
“cuña”