29/04/2015

2º ESO. Estruturas 2014-15

Dentro do tema de estruturas que estamos a ver, prepara unha táboa como esta. Na columna da esquerda debes inserir unha imaxe relacionada coa cela da dereita. As imaxes debes collelas de internet



Estrutura
MASIVA


Estrutura
ABOVEDADA


Estrutura
TRIANGULADA


Estrutura
LAMINADA


Estrutura
COLGANTE


Estrutura
ENTRAMADA


Estrutura
COLGANTE



CONDICIÓN :
ESTABILIDADE



CONDICIÓN :
RIXIDEZ


Esforzo :
TRACCIÓN



Esforzo :
CIZALLADURA


Esforzo :
TORSIÓN


Esforzo :
FLEXIÓN


Esforzo :
COMPRESIÓN


Obxecto sometido a
TRACCIÓN


Obxecto sometido a
CIZALLADURA


Obxecto sometido a
TORSIÓN


Obxecto sometido a
FLEXIÓN



Obxecto sometido a
COMPRESIÓN


obxecto sometido a
TRACCIÓN


Obxecto sometido a
CIZALLADURA


Obxecto sometido a
TORSIÓN


Obxecto sometido a
FLEXIÓN



Obxecto sometido a
COMPRESIÓN


Centro de
gravidade



A estabilidade
depende da
FORMA


A estabilidade
depende da
AMPLITUDE
DA BASE


A estabilidade
depende da
SITUACIÓN DO
CENTRO DE GRAVIDADE


PERFÍS





Para documentarte, bótalle unha ollada previamente a estas ligazóns
http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd99/ed99-0053-02/contenido/estructuras.htm
http://www.linalquibla.com/TecnoWeb/estructuras/estructura_index.htm
http://tecnologia-alarcos.wikispaces.com/file/view/Apuntes+Estructuras+1ESO+%28Alarcos%29.pdf
 http://www.aulatecnologia.com/ESO/SEGUNDO/teoria/estructuras/ESTRUCTURAS.htm

Virus e ataques informáticos

En "La Voz..." do 29 de abril vinha esta noticia, acaída ao tema de seguridade informática que estamos a ver. Léa e fai un comentario. 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/04/29/mafias-internacionales-dirigen-ataques-ordenadores-empresas/0003_201504G29P2991.htm

Tamén me chegou ao correo a seguinte mensaxe, avisándome e recordándome as medidas de seguridade que podo tomar 

 Estimado/a usuario/a:

Nas últimas semanas estanse recibindo, a través do correo electrónico, unha serie de mensaxes fraudulentas, que conteñen un software malicioso de tipo “Ransomware”. Trátase de variantes dun mesmo virus que se modifican a diario e que en determinados casos poden pasar os filtros de correo e non ser detectado polo antivirus.

Estes virus cifran os arquivos de datos do seu posto de traballo e dos sistemas de ficheiros compartidos, deixándoos inaccesibles e solicitándolle un rescate ou pago para recuperar os arquivos modificados.

Se vostede recibe un correo sospeitoso, que contén un ficheiro adxunto ou unha ligazón sospeitosa, non o abra. O máis recomendable é borralo ou, en todo caso, comprobar se o remitente realmente llo enviou a vostede. En caso contrario, bórreo definitivamente.

Recomendámoslle tamén, desconfiar dos correos electrónicos dun remitente descoñecido que conteñan enlaces a páxinas web externas, non debendo pinchar nos enlaces se o correo é sospeitoso. Desde a Xunta de Galicia, nunca se lle han solicitar as súas credenciais (usuario e contrasinal) por correo electrónico. Así mesmo, outras entidades (entidades bancarias, Administracións Públicas, etc.) non lle solicitarán credenciais de acceso por correo electrónico. Ante a dúbida, comprobe que o remitente dun correo é quen realmente di ser e non se trate dunha suplantación de identidade.


Máis información no sitio temático Navega con Rumbo no Portal Educativo da Consellería de Cultura, Educación e O.U.


En lendo os dous documentos, que conclusións tiras? Que medidas de seguridade podes tomar?

25/04/2015

Seguridade informática


Resolve as seguintes cuestións sobre seguridade informática
Para iso, consulta o seguinte enlace (e os que coides necesarios)

Seguridade informática
Cuestións
1. Indica se os seguintes sistemas de seguridade informática pertencen ao tipo de seguridade física, lóxica ou humana.
a) Cifrar o contido dun arquivo.
b) Coloca un equipo nunha sala con chave.
c) Indicar ao usuario que utilice un contrasinal seguro.
d) Colocar un contrasinal de inicio de sesión.
e) Non acceder a páxinas web perigosas.

2. Que cifrado cres que será máis seguro, o cifrado simétrico ou o asimétrico?

Por que?


3. Le o seguinte artigo  http://www.genbeta.com/truco/esteganografia-oculta-mensajes-dentro-de-un-archivo e contesta estas preguntas:
a) Que significa esteganografía?

b) Escribe o nome dun programa de software libre que se poida utilizar para este fin.

c) En que parte da imaxe garda a información


4. Pescuda como se pode configurar o cortalumes en Ubuntu. É sempre necesario?

5. Indica que problemas poderemos ter se deixamos o noso router wi-fi sen contrasinal.

6. Entra na páxina oficial do DNI Electrónico http://www.dnielectronico.es/index.html na sección de preguntas frecuentes e contesta:
a) Que información contén o chip do cartón?

b) Que son os certificados electrónicos?


7. Busca en Internet 3 programas antivirus de pagamento. Indica o prezo que debe pagar o usuario por eles e o sistema operativo no que se aplican.
Hainos de balde? E que ocorre en Ubuntu?

8. Unha vez comprado un antivirus
Pódese seguir utilizando durante tempo ilimitado?

Por que?

9. Accede á web https://www.virustotal.com/ e comproba o funcionamento cun arquivo. Explica que fai esta web.






10. Se nunha páxina web aparece un Antispyware gratuíto que di detectar ameazas graves no teu computador. Crees que sería conveniente descargalo e instalalo? Explica por que.

11. Indica as formas máis habituais de propagación de malware.

12. Indica un contrasinal seguro e fácil de lembrar. Explica como o creaches.

13. Explica detalladamente como borrar o historial de navegación, as cookies e os arquivos temporais de Internet no Firefox.


14. Accede ás seguintes webs e explica detalladamente en que consiste cada unha.

Inteco

15. Completa o seguinte cuestionario e apunta cantas preguntas acertaches.



Completa as frases
Imos elaborar un resumo da unidade completando as palabras que faltan.
1. O cifrado de mensaxes chámase ............................................ Antigamente realizábase con métodos manuais pero como alcanzou un gran desenvolvemento foi grazas aos sistemas .............................
2. Unha devasa ou ......................................... é un elemento encargado de controlar e filtrar as conexións a rede dun computador.
3. Os .................................... serven para controlar ou restrinxir o uso de internet que realizan os equipos dunha rede. Por exemplo pode servir para limitar o uso de páxinas de contidos inadecuados ou o ........................................a redes sociais.
4. Para evitar o acceso de equipos non autorizados a unha rede wi-fi utilízanse protocolos de seguridade. Para poder acceder requírese unha ..............................................de acceso.
5. O protocolo ................................................ é un sistema para asegurar que os contidos que estamos a ver no navegador están cifrados e non poden ser facilmente interceptados por un atacante.
6. Os ........................................... dixitais serven para acreditar a nosa identidade e así poder acceder a determinados servizos na web como os de ..........................................electrónica ou para consultar información privada.
7. Hai diferentes tipos de ......................................... : virus, vermes e troianos. En xeral é utilizado hoxe en día para roubar información persoal ou crear redes de computadores .................................... que utilizan os hackers para realizaren ataques a webs.
8. Os sistemas que utilizan para que os virus infecten un equipo son: a explotación dunha ........................... do sistema ou doutro software, facéndonos crer que descargamos algún programa ou controlador (driver) útil, instalando algún programa .......................................... ou mesmo simplemente conectando a nosa memoria usb nun equipo infectado.
9. As ......................................... seguras deben estar compostas dun número grande de caracteres; débense mesturar letras, números e outros caracteres e non debe ser unha palabra normal.
10. Calquera arquivo que descarguemos de internet debe ser comprobado co antivirus e debemos ter coidado ao instalar programas para que non se instalen tamén complementos ou barras de ........................... que non necesitamos.

As palabras que debes usar son as seguintes:
infectado   contrasinais   proxys    criptografía
vulnerabilidade   navegación    https    informáticos
firewall    certificados    banca   malware
zombies    chave acceso

Agradecementos ó autor/a (tirado do blog mariademolina.blogspot.com.es )

22/04/2015

Para xogar

Nesta ligazón tedes crebacabezas numéricos
Outra

20/04/2015

A madeira. 2º eso 2014-15

A madeira. 2º eso 2014-15

Nesta ligazón temos os documentos que debemos traballar (2/3 días)


17/04/2015

Seguidor de linha

Aquí temos en funcionamento  un dos  robotinhos que prepararon en 4º ESO no curso 2013-14


16/04/2015

A lección do vello Mingos

Hai moitos anos, non me acorda cando nin en que libro de contos tradicionais galegos, lin este conto que vos ponho, que levo no corazón dende aquela. Non só é acaído ó tema da madeira, que imos estudar estes días; tamén invita a unha reflexión sobre o modelo económico de produción e consumo acelerados do que participamos ( e padecemos) na nosa sociedade, modelo no que só importa o gozo inmediato, o aquí e agora de cada individuo,...
Vai o conto:

A LECCION DO VELLO MINGOS

No cómaro de Lixambre, que está cara de levante, facía unha calor que acoraba. E, na media sombra dunha corredoira, estaba o vello Mingos facendo unha cova que tiña xa máis de vara e media de fondo.
- Santas e boas tardes!- saudouno don Reinaldo, o médico do concello, que apareceu por alí a cabalo dunha besta relucente e gorda.
- Amén, señor! -contestoulle o vello Mingos descubríndose.
- E pódese saber para que é esa cova? -interesouse don Reinaldo.
- Para plantar no seu tempo unha nogueira -respostoulle o vello Mingos.- 
 -Con setenta e cinco anos enriba das costas, poste a plantar agora unha nogueira? Ti non sabes que para cando dea noces esa nogueira ti non vas ter dentes nin moas para comelas?
- E que lIe habemos facer, don Reinaldo? O que levou toda a súa vida coma min, traballando, non se afai á folganza.
E se vostede me da licencia voulle facer unha pregunta. Foi vostede quen plantau a nogueira do Souto Pequeno, que lIe dá anadas coma en ningures?
- Eu non -respostoulle don Reinaldo- Foi meu avó.
- E seu avó probou as noces desa nogueira? -voltou a preguntar o vello Mingos.
- Non -dixo don Reinaldo--. Ata os netos, non dou froito.
- Pois xa ve, don Reinaldo, xa ve que estou facendo como fixo o seu avó, e non ten porque se rir de min .
O médico pediulle perdón ó vello Mingos e ata lIe agradeceu a lección que lIe acababa de dar, marchando avergonzado.

14/04/2015

Proxecto Magallanes (enerxía das mareas)

Vén de sair na prensa destes días o desenvolvemento nunha empresa de Redondela dunha máquina para  obter enerxía eléctrica a partir das correntes  mariñas .
A novidade que aporta respecto as tecnoloxías que se viñan usando é que non precisa nin encoros nin estruturas  (piares no fondo mariño), xa que a plataforma aboia no mar, abaratando ademáis o prezo de instalación
Ligazón 1
 Ligazón 2

Máquinas sinxelas

Para practicar as pancas (Lara) e máquinas sinxelas

13/04/2015


Edición de video.(4º ESO)

Elabora unha curta de 4 minutos de duración polo menos. O tema da curtametraxe estará relacionada con algún destes temas, orientados á realidade do noso entorno (o lugar, a parroquia,...)
- Contos populares
- Arquitectura tradicional
- Cantigas tradicionais
- A pedra
- A auga
-  A natureza (fauna, flora,...).
- A industria.
- O lecer (deporte,...).
- Camiños e pontes
-...

Para iso:

Previo: familiarízate co openshot, o programa que imos utilizar. Podes facelo desde esta ligazón

1. Crea un cartafol:
Crea un cartafol co nome CURTA DE CINEMA.

2. Elabora un guión:
Elabora un pequeno guión co argumento, o material que vas utilizar para desenvolver a historia, os personaxes que interveñen, etc. Gárdao e mándao por correo

3. Grava os vídeos que vaias usar
Prepara 3 ou 4 vídeos para a túa curta. Garda os vídeos seleccionados nun cartafol co nome VÍDEOS,
dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

4. Selecciona as fotografías:
Prepara 15 fotografías polo menos relacionadas co tema que escolliches. Gárdaas nun cartafol co nome FOTOGRAFÍAS, dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

5. Realiza a edición da curta:
Realiza a montaxe da curta intercalando os clips de vídeos e imaxes, engade títulos, música, voz, efectos, etc, dando un aspecto máis atractivo e profesional á presentación. Gárdao dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

6. Exposición:
Proxectaremos as curtas en clase. O xurado estará formado polo resto de compañeiros. Puntuaranse a creatividade, calidade, son,etc.