07/05/2015

ENERXÍAS RENOVABLES 2014-15

  ENERXÍAS RENOVABLES 2014-15

  1. As enerxías renovábeis non producen emisións de CO2 e outros gases contaminantes á atmosfera
  2. As enerxías renovábeis non xeran residuos de difícil tratamento
  3. As enerxías renovábeis son inesgotábeis
  4. As enerxías renovábeis son autóctonas e evitan a dependencia exterior
  5. As enerxías renovábeis crean cinco veces máis postos de traballo que as convencionais
  6. As enerxías renovábeis contribúen ó equilibrio interterritorial porque poden instalarse en zonas rurais
  7. As enerxías renovábeis permitiron que desenvolveramos tecnoloxías propias


    Facedes grupos de 2 alumnos-as e preparades un cartaz para imprimir (texto e imaxes; A3) para cada un dos sete  puntos indicados. 
    Valorarei a claridade na organización e na exposición da información (evitar copiar e colar)
    Podedes revisar os enlaces que aparecen noutras entradas sobre enerxía, buscar información pola vosa conta ou probar con algunha das que vos vou poñendo aquí
    http://www.solarweb.net/directorio/c/15/empresas-energia-solar-galicia-p1.html 
    http://www.usc.es/econo/RGE/Vol19_1/castelan/art5c.pdf 
    enerxías renovábeis crean emprego
    Cooperativas e enerxías renovábeis 
    E. renovábeis e montes 

05/05/2015

Un video caseiro

Noto desalento co tema do video. Ánimo! É moi doado. Este que vos ponho fíxeno nun curso neste inverno  pasado, cun editor de video en rede. Leva fotos e un audio que preparei con audacity.  Podedes probar (hai que rexistrarse)

En calquera caso, cando rematedes co tema de seguridade informática e mentres non te ponhas co video, podedes adiantar os seguintes temas
- creación dunha páxina con Kompozer (ligazón)
-creación de imaxes vectoriais con inkscape (ligazón 1)