12/01/2011
Actividade de son
Actividades1.Explica que é un algoritmo de compresión e a diferenza entre un sinal analóxico e un sinal dixital
2.Para cada formato de son do documento de abaixo busca os seus usos e aplicacións, a relación entre a compresión e a perda de calidade de son e algunha outra característica que che pareza interesante.PROCURA NON COPIAR E COLAR textos
3.Busca que formatos de audio soporta un programa de presentacións que teñas usado (impress ou power point)
4.Busca que formatos de audio soporta o "audacity"
Ao final do teu traballo pon os enlaces ás páxinas que usaches
Documento:
FORMATOS DE AUDIO
Os arquivos de son con perda son aqueles que usan un algoritmo de compresión con perda,é dicir, un tipo de compresión que representa a información (por exemplo unha canción), pero tentando utilizar para iso unha cantidade menor de información.Isto fai que sexa imposible reconstruir exactamente a información orixinal do arquivo.Poderase reconstruir tan só unha aproximación á información orixinal que contiña o arquivo.O emprego destes métodos de compresión con perda adoita usarse en información analóxica que quere dixitalizarse, por exemplo imaxes,audio, video, etc. Ademáis ten a gran vantaxe de que obteremos datos dixitalizados que ocupan menos espazo no disco.
Os arquivos de son sen perda son aqueles que usando ou non métodos de compresión, representan a información sen tentar utilizar menor cantidade de información orixinal. Fan posible unha reconstrución exacta da información orixinal.
Os arquivos de son máis usados son:
MP3,AAC,Ogg,Real audio,WMA,AIFF,FLAC,WAV,MIDI
Documento:
SON DIXITAL
O son dixital é unha "adaptación" do son real que se realiza a través dun medio electrónico: a tarxeta de son. A calidade do son estará determinada polas características técnicas que teña dita tarxeta. Entre elas as principais son: Frecuencia de mostraxe e Tamaño da mostra.
1.Frecuencia de mostraxe (sampling rate): indica cada canto se converte o son analóxico en valor dixital e mídese en hercios (hz.) ou no seu múltiplo o Kilohercio (Khz.) . Para alcanzar a calidade de son dun CD Audio necesitamos unha frecuencia de 44100 hz. As frecuencias estándares son 44100 hz., 22050 hz., e 11025 hz.
As tarxetas de son simplemente transforman un sinal continuo nun discreto:



Na terceira imaxe pasamos de 44KHz a 22KHz, en realidade a tarxeta captura a metade de posicións e consecuentemente o son degrádase rapidamente.
E porqué exactamente 441KHz? Polo mesmo motivo polo que o VHS emite 24 imaxes por segundo: se o ollo humano é capaz de recoñecer como moito unhas 30 imaxes por segundo, sería un malgaste de medios (e diñeiro) emitir 100 imaxes por segundo, polo simple feito de que non notariamos a diferenza. Do mesmo xeito, o oído humano é capaz de recoñecer uns 44.000 sons cada segundo (ou sexa, capta o son con esa frecuencia), co que a utilización dunha maior mostraxe non ten ningún sentido (en principio).
2.Tamaño da mostra (sample size): define o número de bits que se necesitan para gravar as amplitudes dos sons. As tarxetas de son antigas ofrecían tamaños de 8 bits, mentres que as actuais teñen un tamaño de mostra de 16 bits. Con 16 bits pode conseguirse un son igual ao do CD Audio, mentres que con 8 bits só podemos conseguir sons similares aos da radio polo que este tipo de tamaño de mostra só debes utilizalo para gravar (ou reproducir) voz pero non para son con calidade musical.
Tamaño dun arquivo de 5 segundos a 44,1KHz e 16 bits:
5 x 44100 x 2 = 441000 bytes = 0.5MB aproximadamente
Notas:
1.Presenta a información estruturada como un diagrama de bloques
2.Dirixe as respostas a alumnado de 1º de ESO
3.Algúns enlaces útiles
Formatos de audio
http://www.monografias.com/trabajos7/sodi/sodi.shtml
http://www2.fe.ccoo.es/andalucia/docu/p5sd7527.pdf
http://blog.educastur.es/informaticainfiesto/files/2012/08/unidad-3-sonido-digital.pdf
11/01/2011
04/01/2011
Subscrever:
Mensagens (Atom)