21/01/2019

Mecanismos 2º eso 2018-19



MECANISMOS

Actividade 1
Que é unha panca
Tipos de pancas
Realiza unha táboa onde aparezan os tres tipos de pancas; un esquema de cada tipo situando cada un dos seguintes elementos: Forza ou Potencia (F), distancia do punto de apoio á devandita forza (dF), Resistencia ou carga (R), distancia do punto de apoio á devandita resistencia (dR) e o punto de apoio ou fulcro; e algún exemplo de cada tipo
Indica a expresión matemática que relaciona eses catro elementos


Actividade 2
Transmisión do movemento de rotación: Poleas e engrenaxes
Enumera  os mecanismos que transforman o movemento circular en circular
Que son as poleas? Tipos.Que son as rodas de fricción e as poleas acopladas por correa?
Cal é a relación matemática entre o tamaño das poleas e a súa velocidade de xiro?
Que son as engrenaxes? Diferenzas entre sistema redutor e sistema multiplicador de velocidade.
Que relación hai entre o número de dentes das rodas da engrenaxe e a velocidade coa que xiran?
Confecciona unha táboa onde aparezan os distintos tipos de engrenaxes. Indica o tipo de transformación que produce.
Que é un tren de engrenaxes?



Actividade 3:MECANISMOS DE TRANSMISIÓN DE MOVEMENTO.
Se falamos de movementos lineares, lineares alternativos, oscilantes e xiratorios...

Que son os mecanismos de transmisión de movemento?
Define e debuxa os seguintes mecanismos. Tíralle -se podes- algunha foto a estes mecanismos en obxectos da nosa contorna
Indica para cada un o tipo de transformación no movemento que efectúa
a) Leva
b) Piñón-cremalleira
c) Biela-manivela
d) Parafuso-porca
e) manivela-torno
f) cegoñal
g) parafuso sen fin

Actividade 4:Outros mecanismos
Trangueiro (trinquete)
Poleas fixas e móbiles.Polipastos
Rampas
Gatillos


http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2005/mecaneso/index.htm