11/12/2016
27/11/2016
24/11/2016
17/11/2016
08/11/2016
07/11/2016
06/11/2016
05/11/2016
27/10/2016
12/10/2016
Memoria da fuxida (Manuel María)
Memoria da fuxida
Nos cruceiros penduran
as lembranzas que están
a roer e humanizar
a cantería
luída polos séculos.
O vento non para
de correr,
os camiños somentes
están petados
polas choivas.
Nas aldeas
habita só
o silencio
mesto,
fondo,
tráxico,
arrepiante
que afoga os anceios
e as canciós.
As casas que un día
tiñan vida
están agora esbroando
pouco a pouco,
furadas polos ratos,
coas fiestras semellantes
ás pálpebras dos cegos;
a pedra da lareira,
na que os deuses moraban,
atópase fría e morta;
o forno, esborrallado:
unha ruína sen oco
e sen quentura.
Daquí fuxiu a vida
e a alegría,
desterráronse os paxaros;
apagáronse as columnas
de fume que rubían
ao ceo docemente
nas ledas mañás de primavera
cando o traballo era esperanza
e a vida cantaba a pulmón cheo
e brincaban os nenos
e os vellos abrían
máis os ollos
para contemplar a luz.
Aldraxe contra a xistra (1973)
04/10/2016
26/09/2016
Mecanismos 3º ESO 2016-17
MECANISMOS
Actividade 1
Tipos de pancas
Realiza unha táboa
onde aparezan os tres tipos de pancas e un esquema de cada tipo
situando cada un dos seguintes elementos: Forza ou Potencia (F),
distancia do punto de apoio á devandita forza (dF), Resistencia ou
carga (R), distancia do punto de apoio á devandita resistencia (dR)
e o punto de apoio ou fulcro
Indica a expresión
matemática que relaciona eses catro elementos
Actividade 2:
Poleas
1. Que son as
poleas? Tipos.Que son as rodas de fricción e as poleas acopladas
por correa?
2. Que é un
polipasto?
3. Debuxa as
seguintes poleas: Fixa, móbil e un polipasto
6. Como podemos
invertir o sentido de xiro entre dúas poleas?
5. Cando usamos as
poleas para transmitir un movemento circular, cal é a relación
matemática entre o tamaño das poleas e a súa velocidade de xiro?
MECANISMOS DE
TRANSMISIÓN DE MOVEMENTO.
Actividade 3: Tipos
de mecanismos de transmisión
1. Que son os
mecanismos de transmisión de movemento?
2. Enumera e debuxa
os mecanismos que transforman o movemento circular en lineal
3. Enumera e debuxa
os mecanismos que transforman o movemento circular en circular
4. Que son as
engrenaxes? Diferenzas entre sistema redutor e sistema
multiplicador de velocidade.
Que relación hai
entre o número de dentes das rodas da engrenaxe e a velocidade coa
que xiran?
5. Confecciona unha
táboa onde aparezan os distintos tipos de engrenaxes. Indica o tipo
de transformación que produce. Fai un pequeno esquema de como é a
engrenaxe.
6. Que é un tren de
engrenaxes?
Actividade 4:
Aplicacións dos mecanismos de transmisión.
1. Define e debuxa
os seguintes mecanismos. Tíralle algunha foto a estes mecanismos en
obxectos da nosa contorna
a) Leva
b)
Piñón-cremalleira
c)
Biela-manivela
d)
Parafuso-porca
e)
manivela-torno
f) cegoñal
g) parafuso
sen fin
Actividade 5: publicade os resultados no voso blog
22/09/2016
Xogos matemáticos sinxelos
Moitos xogos para practicarmos as materias de 6º de primaria
https://luisamariaarias.wordpress.com/
https://luisamariaarias.wordpress.com/
02/06/2016
12/05/2016
27/04/2016
30/03/2016
Enlaces para circuitos eléctricos apoio
http://cosquillitasenlapanza2011.blogspot.com.es/2013/03/la-electricidad-2-para-ninos.html
6 de abril 2016
6 de abril 2016
06/03/2016
21/01/2016
Onde vai o lixo electrónico?
Artigo sobre o destino que lle espera á maioría do lixo electrónico que producimos
Etiquetas:
consumo responsable,
informatica,
reciclaxe
12/01/2016
11/01/2016
Electricidade 2º ESO 2015-16
Enlace para traballar a teoría de electricidade
Os apartados que debedes traballar son
Os apartados que debedes traballar son
1.Electróns en
movemento
Que é a
electricidade
Condutores e
illantes
O circuíto
eléctrico simple
Corrente continua e
corrente alterna
Electromagnetismo
2.Magnitudes
Voltaxe
resistencia
intensidade
lei de Ohm
3.Circuítos
básicos
Circuíto simple
Circuíto serie
Circuíto paralelo
Circuíto mixto
Curtocircuíto
4.Compoñentes
Xeradores
e acumuladores
Medio
condutor
Receptores
Elementos
de manobra
interruptores
pulsadores
conmutadores
microinterruptores
relés
elementos
de protección
Para iso, le de vagar a teoría e realiza as tarefas interactivas propostas para comprobar que a tes entendida
06/01/2016
Exercicios bits e bytes
Exercicios bits e
bytes
1)Cantos bits hai
nun pendrive de 4GB?
2)Cantos MB son
8.000.000 bytes?
3)Ordena de menor a
maior as seguintes cantidades: 26 millóns de bytes, 0.024GB, 25MB, 200 millóns de bits
e 25000KB.
4)Expresa en bytes o
tamaño dun disco duro de 320GB.
5)Cantos DVDs de
4.9GB se necesitan para gravar o contido dun disco duro de 1.5TB?
6)Cantos bits ocupan
o seguinte texto? Informática = Información automática.
7)Canto ocupará
aproximadamente un documento de texto que ten 5 millóns de
caracteres? Expresa o resultado en MB.
8)Escribe en binario
os números do 1 ao 9.
9)Pasa a binario os
seguintes números: 35, 140, 700 e 2000.
10)Pasa a decimal os
números binarios 1001, 110110, 100111, 110111.
11)Google require
850 TB para albergar 24 mil millóns páxinas, cal será o tamaño
medio dunha páxina? Expresa o valor en KB.
12)Unha canción
gardada en mp3 transmítese a 128kbps. Cantos megas ocupa se a
canción dura 3 minutos e 45 segundos. (Lembra que neste caso
k=1000).
13)Canto dura unha
canción mp3 gravada a 128kbps que ocupa 4MB.
14)Unha imaxe ten un
tamaño de 640x480 pixels. Se cada cor básica se codifica con 8
bits. Canto ocupará a imaxe? Exprésao en KB.
15)Que imaxe ocupará
máis unha de 400x300 codificada con cores de 32 bits ou outra de
600x400 codificada en 24 bits?
16)Un lector de CD é
capaz de transferir datos cunha velocidade de 7800 kilobits por
segundo (quilo=1000). Canto tardardará en ler un CD-ROM de 700MB?
17)Canto tardaría
un módem de 45000 bps en baixarse unha imaxe de 1,4MB?
18)Se co meu módem
ADSL baixo 100MB en 2 minutos e 8 segundos Cal é a velocidade de
transferencia do módem?
19)Canto tarda unha
conexión ADSL de 6 Mbs (megabits por segundo mega=1.000.000) en
descargar un arquivo de 25MB?
20)Cun escaner que
ten unha resolución de 600ppp escaneamos unha imaxe de 5x3 polgadas.
Sabendo que a profundidade da cor que se vai a usar son 32 bits. Que
tamaño terá a imaxe escaneada?
21)Se o escaner
anterior é capaz de escanear 4 páxinas de 10x7 polgadas por minuto
e cada punto o representa con 32 bits, expresa a velocidade de
trasferencia do escaner en MB por segundo.
22.)Enche a seguinte táboa
Enlace 1
22.)Enche a seguinte táboa
decimal
|
binario
|
hexadecimal
|
octal
|
|
209
|
||||
10010101001
|
||||
3FA
|
||||
137
|
||||
11000011
|
||||
700
|
Enlace 1
Código ASCII
Exercicios a resolverdes Curso 2015-16 |
||||
Alumno 110 |
0116 |
0616 |
0B16 |
178 |
Alumno 210 |
028 |
078 |
158 |
1316 |
Alumno 310 |
0316 |
0B16 |
228 |
|
Alumno 410 |
048 |
0E16 |
208 |
|
Alumno 510 |
0516 |
1116 |
1D16 |
368 |
Os exercicios 810, 910 1010 e
2210 son comúns e convén que empezedes por eles |
Subscrever:
Mensagens (Atom)