26/09/2016

Mecanismos 3º ESO 2016-17


MECANISMOS

Actividade 1
Tipos de pancas
Realiza unha táboa onde aparezan os tres tipos de pancas e un esquema de cada tipo situando cada un dos seguintes elementos: Forza ou Potencia (F), distancia do punto de apoio á devandita forza (dF), Resistencia ou carga (R), distancia do punto de apoio á devandita resistencia (dR) e o punto de apoio ou fulcro
Indica a expresión matemática que relaciona eses catro elementos


Actividade 2: Poleas
1. Que son as poleas? Tipos.Que son as rodas de fricción e as poleas acopladas por correa?
2. Que é un polipasto?
3. Debuxa as seguintes poleas: Fixa, móbil e un polipasto
6. Como podemos invertir o sentido de xiro entre dúas poleas?
5. Cando usamos as poleas para transmitir un movemento circular, cal é a relación matemática entre o tamaño das poleas e a súa velocidade de xiro?
MECANISMOS DE TRANSMISIÓN DE MOVEMENTO.

Actividade 3: Tipos de mecanismos de transmisión

1. Que son os mecanismos de transmisión de movemento?
2. Enumera e debuxa os mecanismos que transforman o movemento circular en lineal
3. Enumera e debuxa os mecanismos que transforman o movemento circular en circular
4. Que son as engrenaxes? Diferenzas entre sistema redutor e sistema multiplicador de velocidade.
Que relación hai entre o número de dentes das rodas da engrenaxe e a velocidade coa que xiran?
5. Confecciona unha táboa onde aparezan os distintos tipos de engrenaxes. Indica o tipo de transformación que produce. Fai un pequeno esquema de como é a engrenaxe.
6. Que é un tren de engrenaxes?

Actividade 4: Aplicacións dos mecanismos de transmisión.
1. Define e debuxa os seguintes mecanismos. Tíralle algunha foto a estes mecanismos en obxectos da nosa contorna
a) Leva
b) Piñón-cremalleira
c) Biela-manivela
d) Parafuso-porca
e) manivela-torno
f) cegoñal
g) parafuso sen fin

Actividade 5: publicade os resultados no voso blog

Sem comentários: