Teoría
Exercicios
27/01/2020
21/01/2020
Os metais
OS METAIS
De que árbore veñen as tixolas?
De que árbore veñen as tixolas?
Onde se plantan os parafusos?
De todos os materiais utilizados pola humanidade, os metais son uns compañeiros inseparábeis.
Non
só polo seu pasado (chegaron a dar o nome a varias épocas vividas pola
humanidade como "A idade do bronce e a do ferro") tamén na actualidade
seguen sendo materiais cotiáns pola súa resistencia en estruturas e
polas súas propiedades eléctricas, físicas ou químicas
Nesta actividade imos coñecer máis a fondo aos metais e ao finalizar saberemos algo máis sobre:
A súa historia
Como se obteñen
As súas propiedades
Como se transforman en obxectos
As súas aplicacións.
O
noso traballo será fabricar un obxecto metálico partindo do propio
mineral e darlle forma até obter a nosa, por exemplo, tixola.
Necesitaremos saber:
· A historia do metal do que está feito o obxecto.
· De que mineral procede.
· Que propiedades o fan especial entre os metais.
· Que aplicacións ten
· Se se pode reciclar
O traballo final será unha presentación en libreoffice impress (*) e farémolo en grupos de dúas persoas, que se encargarán de
- estudar a historia do metal e de que mineral procede.
- investigar as propiedades dos metais en xeral e as particularidades de cada un.
- pescudar como se transforma o mineral en metal e o metal en obxecto.
A presentación dixital farédela entre os dous
TAREFAS
1º. O primeiro será pórse de acordo para repartir o traballo
2º. Ter claro que obxecto temos que fabricar co metal que nos tocou :
METAL
|
OBXECTO
|
COBRE
|
CABLE ELÉCTRICO
|
FERRO
|
TIXOLA
|
OURO
|
ANEL
|
PRATA
|
MOEDA
|
ALUMINIO
|
PERFIL DE VENTÁ
|
CINC
|
CALDEIRO
|
ESTAÑO
|
LATA DE CONSERVA
|
3º Elaborar unha presentación cun mínimo de 3 diapositivas,coa que haberá que explicar á clase o traballo que fixemos.
Para realizar o proceso debes consultar "RECURSOS" onde atoparás todos os recursos necesarios para elaborar un bo traballo.
Tamén vos recomendo que miredes "AVALIACIÓN", pois veñen todos os indicadores para avaliar o traballo .
RECURSOS
Aliaxes do ferro : http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1122
Metais en xeral: http://www.estudiantes.info/tecnologia/metales/metales.htm
Fabricación e máis: http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1122
Video propiedades: http://www.tecnosecundaria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=70:propiedades-de-los-metales&catid=60:videos-de-los-metales-1o-eso&Itemid=81
Metais non ferrosos: http://tecnoalex10.blogspot.com.es/
O ciclo do aceiro (da mina ata a reciclaxe dos residuos)
Transformacións da chapa de ferro
A folla de lata e as latas de conservas
http://roble.pntic.mec.es/jprp0006/tecnologia/1eso_recursos/unidad07_los_metales/teoria/teoria0.htm
Técnicas de fabricación con metais 1
Técnicas de fabricación con metais 2
PDF sobre metais (en DROPBOX)
Teoría e exercicios (páx. 4 a 23)
O ciclo do aceiro (da mina ata a reciclaxe dos residuos)
Transformacións da chapa de ferro
A folla de lata e as latas de conservas
http://roble.pntic.mec.es/jprp0006/tecnologia/1eso_recursos/unidad07_los_metales/teoria/teoria0.htm
Técnicas de fabricación con metais 1
Técnicas de fabricación con metais 2
PDF sobre metais (en DROPBOX)
Teoría e exercicios (páx. 4 a 23)
AVALIACIÓN
1ª PARTE.TRABALLO impreso
INDICADOR
|
PUNTOS
|
Fala da historia do metal
|
1
|
Indica o mineral de que procede
|
1
|
Indica como se realiza a minería
|
1
|
Describe que é a ganga e a mena
|
1
|
Indica as propiedades dos metais
|
1
|
Comenta como se transforma o mineral
|
1
|
Explica como se fabrica o obxecto
|
1
|
Fala dos usos do metal
|
1
|
Aclara se o metal é reciclable
|
1
|
A presentación do traballo é coherente
|
1
|
Total
|
10
|
2ª PARTE.PRESENTACIÓN DO TRABALLO NA CLASE
INDICADOR
|
PUNTOS
|
Participan todos os membros do grupo
|
1
|
Utilizan un vocabulario adecuado
|
1
|
As explicacións son claras
|
1
|
Fan referencia aos metais en xeral
|
1
|
Céntranse no seu metal correspondente
|
1
|
Teñen tres diapositivas
|
1
|
Teñen cinco ou máis diapositivas
|
1
|
A presentación é clara (tamaño, cores)
|
1
|
Inclúen fotos, gráficos ou debuxos
|
1
|
Utilizan transicións entre diapositivas
|
1
|
Total
|
10
|
(*)
De necesitarmos practicar co Impress, podemos acceder a esta ligazón con explicacións e exercicios
De querermos só un pequeno repaso, temos esta ligazón
Subscrever:
Mensagens (Atom)