Resolve as seguintes cuestións sobre seguridade informática
Para iso, consulta o seguinte enlace (e os que coides necesarios)
Seguridade
informática
Cuestións
1. Indica se os
seguintes sistemas de seguridade informática pertencen ao tipo de
seguridade física, lóxica ou humana.
a) Cifrar o contido
dun arquivo.
b) Coloca un equipo
nunha sala con chave.
c) Indicar ao
usuario que utilice un contrasinal seguro.
d) Colocar un
contrasinal de inicio de sesión.
e) Non acceder a
páxinas web perigosas.
2. Que cifrado cres
que será máis seguro, o cifrado simétrico ou o asimétrico?
Por que?
3. Le o seguinte
artigo
http://www.genbeta.com/truco/esteganografia-oculta-mensajes-dentro-de-un-archivo e contesta estas preguntas:
a) Que significa
esteganografía?
b) Escribe o nome
dun programa de software libre que se poida utilizar para este fin.
c) En que parte da
imaxe garda a información
4. Pescuda como se
pode configurar o cortalumes en Ubuntu. É sempre necesario?
5. Indica que
problemas poderemos ter se deixamos o noso router wi-fi sen
contrasinal.
6. Entra na páxina
oficial do DNI Electrónico http://www.dnielectronico.es/index.html
na sección de preguntas frecuentes e contesta:
a) Que información
contén o chip do cartón?
b) Que son os
certificados electrónicos?
7. Busca en Internet
3 programas antivirus de pagamento. Indica o prezo que debe pagar o
usuario por eles e o sistema operativo no que se aplican.
Hainos de balde? E
que ocorre en Ubuntu?
8. Unha vez
comprado un antivirus
Pódese seguir
utilizando durante tempo ilimitado?
Por que?
9. Accede á web
https://www.virustotal.com/ e comproba o funcionamento cun
arquivo. Explica que fai esta web.
10. Se nunha páxina
web aparece un Antispyware gratuíto que di detectar ameazas graves
no teu computador. Crees que sería conveniente descargalo e
instalalo? Explica por que.
11. Indica as formas
máis habituais de propagación de malware.
12. Indica un
contrasinal seguro e fácil de lembrar. Explica como o creaches.
13. Explica
detalladamente como borrar o historial de navegación, as cookies e
os arquivos temporais de Internet no Firefox.
14. Accede ás
seguintes webs e explica detalladamente en que consiste cada unha.
Inteco
15. Completa o
seguinte cuestionario e apunta cantas preguntas acertaches.
Completa as frases
Imos elaborar un
resumo da unidade completando as palabras que faltan.
1. O cifrado de
mensaxes chámase ............................................
Antigamente realizábase con métodos manuais pero como alcanzou un
gran desenvolvemento foi grazas aos sistemas
.............................
2. Unha devasa ou
......................................... é un elemento encargado
de controlar e filtrar as conexións a rede dun computador.
3. Os
.................................... serven para controlar ou
restrinxir o uso de internet que realizan os equipos dunha rede. Por
exemplo pode servir para limitar o uso de páxinas de contidos
inadecuados ou o ........................................a redes
sociais.
4. Para evitar o
acceso de equipos non autorizados a unha rede wi-fi utilízanse
protocolos de seguridade. Para poder acceder requírese unha
..............................................de acceso.
5. O protocolo
................................................ é un sistema para
asegurar que os contidos que estamos a ver no navegador están
cifrados e non poden ser facilmente interceptados por un atacante.
6. Os
........................................... dixitais serven para
acreditar a nosa identidade e así poder acceder a determinados
servizos na web como os de
..........................................electrónica ou para
consultar información privada.
7. Hai diferentes
tipos de ......................................... : virus, vermes e
troianos. En xeral é utilizado hoxe en día para roubar información
persoal ou crear redes de computadores
.................................... que utilizan os hackers para
realizaren ataques a webs.
8. Os sistemas que
utilizan para que os virus infecten un equipo son: a explotación
dunha ........................... do sistema ou doutro software,
facéndonos crer que descargamos algún programa ou controlador
(driver) útil, instalando algún programa
.......................................... ou mesmo simplemente
conectando a nosa memoria usb nun equipo infectado.
9. As
......................................... seguras deben estar
compostas dun número grande de caracteres; débense mesturar letras,
números e outros caracteres e non debe ser unha palabra normal.
10. Calquera
arquivo que descarguemos de internet debe ser comprobado co antivirus
e debemos ter coidado ao instalar programas para que non se instalen
tamén complementos ou barras de ........................... que non
necesitamos.
As palabras que
debes usar son as seguintes:
infectado contrasinais proxys criptografía
vulnerabilidade navegación https informáticos
firewall certificados banca malware
zombies chave acceso
Agradecementos ó autor/a (tirado do blog mariademolina.blogspot.com.es )
Sem comentários:
Enviar um comentário