10/04/2013

ENERXÍAS RENOVABLES 3º


INTRODUCIÓN

A enerxía é a forza vital da nosa sociedade. Dela dependen a iluminación de interiores e exteriores, o quecemento e refrixeración das nosas casas, o transporte de persoas e mercadorías, a obtención de alimento e a súa preparación, o funcionamento das fábricas, etc.
O consumo enerxético incrementouse nos últimos cen anos, á vez que o facían os conflitos por apropiarse dos recursos . A consecuencia xa a coñecemos: guerras e inxustizas, esgotamento dos recursos fósiles (carbón e petróleo), contaminación das augas, da terra e do aire,...
Todos estes aspectos  fan necesario reformularse a situación actual e usar fontes de enerxía locais, accesibles para todo o mundo e que respecten o medio. E agora imos coñecelas un pouco mellor coas seguintes tarefas


TAREFA

A tarefa a realizar é un traballo de investigación sobre cada unha das enerxías renovables, elaborando un proxecto escrito e unha presentación en clase. Todos os traballos deberán ter, como mínimo, os seguintes puntos desenvolvidos:

- Xeneralidades da enerxía alternativa
· Que é?
· Que a produce?
· Observacións

- Descrición do proceso de transformación de enerxía primaria a electricidade
· Luz solar ? Electricidade
· Vento ? Electricidade
· Salto de auga ? Electricidade
· Residuos (RSU e FORSU) ? Electricidade
· Cereais e outros produtos ? Biocombustibles
.Correntes marinhas e mareas? Electricidade

- Lugares de transformación. Descrición e estudo. Modelos
· Paneis solares fotovoltaicos
· Aeroxeradores
· Centrais Hidroeléctricas. Turbinas
· Centrais de biomasa
· Centrais de produción de biocombustibles...

- Posibilidades de abastecemento coa enerxía alternativa elixida

- Potencial de aproveitamento en Galicia e España. Centros de produción
· Xa instalados (centrais hidráulicas, parques eólicos, hortas solares...)
· Por instalar

- Comparación coas enerxías non renovables (carbón, petróleo, gas natural, uranio ). Vantaxes e inconvenientes de usar enerxías renovables ou non renovables.

- Conclusións.

- Opinión persoal, son as enerxías renovables o futuro?


PROCESO

1) Constitución do grupo: Organización en grupos de tres alumnos.
2) Repartición de tarefas: Cada alumno farase cargo de buscar información sobre un terzo das cuestións indicadas en TAREFA para cada grupo. A presentación farase de maneira conxunta, tanto a de clase como as ferramentas de apoio á presentación
3) Procura de información: Cada membro do grupo buscará a información das cuestións que lle foron asignadas na web, bibliografía... Esta información irá sendo recollida de forma ordenada para a súa posterior elaboración.
4) Posta en común dos resultados da procura: O tres membros do grupo exporán aos seus compañeiros os resultados da súa procura particular, decidindo de maneira conxunta que información (tanto gráfica como textual) pasa a formar parte do traballo e cal se desbota.
5) Confección final do traballo: Seguindo o guión indicado na TAREFA, confeccionarase o proxecto escrito. Como se dixo anteriormente, a presentación en clase realizarase de forma conxunta polo tres alumnos de cada grupo.


RECURSOS

- Enciclopedias convencionais e multimedia (exemplo: Wikipedia).
- Bibliografía e documentación escrita da biblioteca e departamentos (relacionados coa temática do traballo) do propio centro.
- Buscadores e metabuscadores de internet. Algúns exemplos:
· http://www.google.es/
· http://www.buscamultiple.com/
· Moitos máis exemplos buscando en rede buscadores e metabuscadores.
- Páxinas web interesantes. Algúns links que vos poden axudar:
· www.idae.es/ Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía. España.
· www.renewablepowers.blogspot.com/ Blog sobre Enerxías Renovables
· http://www.energias-renovables.com/ O xornalismo das enerxías limpas
sobre electricidade no estado español (produción, transporte, pegada ecolóxica,...)
. http://www.idae.es/, enerxías renovables e eficiencia enerxética
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/esquemas/esquemas.htm, funcionamento das distintas centrais eléctricas

AVALIACIÓN

A avaliación realizarase en función dos seguintes criterios:
- Profundización no desenvolvemento dos puntos propostos para o traballo.
- Utilización dos enlaces propostos
- Nivel de síntese e asimilación da información obtida
- Presentación en clase ( dominio do que se está falando, coordinación cos compañeiros, calidade do material de apoio usado na exposición)

BOA SORTE!


CONCLUSIÓN

Unha vez finalizado os traballos e expostos en clase abrirase  un debate entre todos. A mesa redonda tratará sobre as dificultades atopadas na elaboración dos traballos e como se resolveu. Así mesmo abrirase un debate sobre as enerxías renovables.
Esperemos que este traballo sirva para  coñecer as enerxías  renovables e ter un criterio máis documentado sobre elas

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentarios