Motores
de combustión interna (4º ESO)
Introdución:
A calor pode aproveitarse para producir
unha tarefa útil: mover unha máquina, arrefriar ou quentar
alimentos... As máquinas térmicas comezaron a usarse
masivamente tras a revolución industrial (século XVIII) e agora son
imprescindibles na nosa vida diaria.
A pesar do seu baixo rendemento (O
rendemento dun motor de combustión interna está entre o 20% e o 30%
dun motor de gasolina tipo Otto, e do 30% ao 45% dun motor Diésel),
unha das máquinas térmicas amplamente utilizada na vida cotiá é o
motor de combustión interna, motores térmicos que utilizan a
enerxía química almacenada nun combustible que ao queimarse se
transforma en enerxía térmica. Unha parte desa enerxía térmica ou
calor xerada é empregada en quentar o gas resultante da combustión,
o que fará que se expanda rapidamente e sexa capaz de causar o
movemento dun mecanismo que transformará e transmitirá ese
movemento (enerxía mecánica)
Tarefa:
Realizaremos unha tarefa de
investigación sobre distintos tipos de motores de combustión
interna
Proceso:
Dividímonos en grupos de 2 alumnos
para realizar os traballos. Cada grupo elixirá un dos motores de
combustión interna da listaxe
- Otto de 2 tempos
- Otto de 4 tempos
- Diésel de 2 tempos
- Diésel de 4 tempos
- Wankel
- A reacción: turbohélice
- A reacción: turborreactor
- A reacción: turbofan
Realizarase unha presentación con
texto, esquemas, ilustracións e vídeos que contemplen os apartados
especificados no seguinte guión:
Partes compoñentes.
Funcionamento.
Combustible utilizado.
Vantaxes e inconvenientes.
Aplicacións.
O traballo elaborado remitirase por
correo electrónico ao profesor en formato dixital como arquivo
adxunto. O último día cada grupo exporá ao resto da clase a
presentación feita, de maneira que entre todos coñezamos os
distintos tipos, o funcionamento e as partes destes motores de
combustión interna.
Recursos:
De maneira xeral nas webs:
-
Se elixistes o motor de combustión interna Otto de 2 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Otto de 4 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Diésel de 2 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Diésel de 4 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Wankel:
Se elixistes o motor
de reacción turbofan:
Se elixistes o motor
de reacción turbohélice:
Se elixistes o motor
de reacción turborreactor:
Avaliación:
O documento realizado suporá un 70%
do total da nota do exercicio. Valorarase a orde e a claridade dos
contidos, así como o grao de información recompilado.
O outro 30% da nota da actividade será
da presentación en clase. Recoméndase resumir todo o consultado
para citar só os conceptos imprescindibles que fagan que os vosos
compañeiros comprendan o funcionamento dese motor. Valorarase tamén
a coordinación do grupo durante a exposición.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Comentarios