MAGNETISMO E ELECTROMAGNETISMO
A atracción entre o ferro e os imáns naturais é un fenómeno que xa fora estudado por Tales de Mileto (625 a.c.).Houbo que esperar ata o século XIX para que Oersted amostrara que un fío condutor polo que pasa unha corrente creaba unha perturbación magnética (campo magnético), detectable cunha agulla magnetizada (figura 1)
![]() |
Figura 1 |
Figura 2 |
![]() |
Figura 3 |
De novo , ó engadirmos espiras amplificamos o efecto e temos un xerador de corrente (figura 4) : se facemos xirar un bobinado no interior dun campo magnético podemos obter corrente eléctrica
![]() |
Figura 4 |
Na mesma figura 4,se sustituimos a lámpada por unha batería e facemos circular unha corrente polas espiras do condutor, da interacción (atracción ou repulsión) entre o campo magnético que se crea e o do imán podemos obter movemento: temos un motor
![]() |
Figura 5 |
Na figura 5, ó movermos o imán no interior do bobinado A,creamos unha corrente variable , que á súa vez crea un campo magnético variable. Ese campo magnético variable xerado por B, induce en C unha corrente eléctrica variable (corrente alterna), que é o principio de funcionamento dos transformadores
Sem comentários:
Enviar um comentário