10/02/2013

MAGNETISMO E ELECTROMAGNETISMO
A atracción entre o ferro e os imáns naturais é un fenómeno que xa fora estudado por Tales de Mileto (625 a.c.).
Houbo que esperar ata o século XIX para que Oersted amostrara que un fío condutor polo que pasa unha corrente creaba unha perturbación magnética (campo magnético), detectable cunha agulla magnetizada (figura 1)


Figura 1
Figura 2
  Para concentrar o efecto magnético facemos bobinas (cable arrolado con moitas espiras) (figura 2).Se lle metemos un núcleo de ferro ou aceiro, temos un electroimán 


Figura 3
Nos anos seguintes, Faraday estudou o efecto contrario: convetir o magnetismo en electricidade. En 1931 demostrou que se movemos un imán nas proximidades dun condutor, aparece unha tensión ou diferencia de potencial (indución electromagnética),capaz de xerar unha corrente detectable cun galvanómetro (medidor de correntes moi pequenas) (figura 3).
De novo , ó engadirmos espiras amplificamos o efecto e temos un xerador de corrente (figura 4) : se facemos xirar un bobinado no interior dun campo magnético podemos obter corrente eléctrica

Figura 4



  Na mesma figura 4,se sustituimos a lámpada por unha batería e facemos circular unha corrente polas espiras do  condutor, da interacción (atracción ou repulsión) entre o campo magnético que se crea e o do imán podemos obter movemento: temos un motor

Figura 5

Na figura 5, ó movermos o imán no interior do bobinado A,creamos unha corrente variable , que á súa vez crea un campo magnético variable. Ese campo magnético variable xerado por B, induce en C unha corrente eléctrica variable (corrente alterna), que é o principio de funcionamento dos transformadores







Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentarios