A CRISE DO
CORONAVIRUS
Estou a ler algún
artigo sobre a crise do coronavirus, e aínda que escapa do "temario"
e non estamos afeitos falar entre nós de temas alleos ós contidos
de tecno, vou compartir algunha reflexión.
1.Vivimos rodeados
de diferentes crises
-crises humanitarias
(millóns de desprazamentos por guerras, fame,)
- crise climática
-crise enerxética
(o petróleo ten os días contados)
-crise de escaseza
de certos materiais (necesarios para baterías, móbiles,...)
-crise
medioambiental (desaparición de especies, contaminación)
2.A CRISE con
maiúsculas , a que acaparou máis a atención hai uns anos, foi unha
crise económica, alá polo 2008.Esta crise e as anteriores están
todas vencelladas, e son produto inevitable do desenvolvemento do
sistema económico no que vivimos: o capitalismo.
En particular, a
CRISE foi unha crise do sistema bancario. Pero pagámola TODOS.
3. As medidas que
tomou o goberno :
-crearon unha
sociedade con máis desigualdades , na que os ricos se fixeron máis
ricos, os pobres, máis pobres,para moita xente ter un salario xa non
garante poder vivir con dignidade, hai máis traballadores en
precario, os impostos son máis duros para os traballadores ou
pequenas empresas mentres que as grandes empresas e as grandes
fortunas teñen máis facilidades para pagar menos impostos,...
-reduciuse a pouca
presenza que había de banca pública (que é a que pode intervir
pensando nas persoas ou nas empresas, e non nos beneficios)
-reduciuse cada vez
máis o gasto en servizos públicos (reducións de persoal, peche de
escolas ou de servizos de atención de facenda, xulgados,...)
aumentando e subvencionando de paso o negocio privado
-un servizo público
que sufriu recortes crecentes foi a sanidade. Un exemplo mediático
foi o peche do paridoiro do hospital de Verín, só paralizado pola
organización da xente da comarca . Pero non só recortes, senón
derivar ao negocio privado moitos dos servizos asociados (limpeza,
laboratorios, cociña, a tele dos cuartos das plantas dos
hospitais,...)
4. Neste estado de
cousas, aparece a crise do coronavirus
Con todo o drama e
angustias que poidamos pasar, tamén é unha oportunidade de saír
máis fortalecidos como sociedade e como pobo, máis solidarios, de
ter unha sociedade máis xusta. Entre outras cousas, non debemos
repetir os mesmos erros:
-estamos a comprobar
a necesidade de contar con servizos públicos robustos (sanidade,
dependencia, atención a domicilio,...), que nos deixará preparados
para as crises que de seguro nos esperan.
-as necesidades
básicas da xente teñen que estar cubertas (vivenda,
enerxía,sanidade) garantindo uns ingresos de subsistencia en
situacións extremas (desemprego, corentenas, coidado de fillos ou
persoas na casa...).
-prohibir cortes de
luz, de auga, de gas. Estas empresas teñen cada ano máis
beneficios, poden reducilos sen problema ningún
-crear unha banca
pública e limitar o beneficio no negocio da privada. (Ao ano do
salvamento que lle regalamos á banca , xa se gababan de teren
beneficios: as crises son oportunidades que aproveitan para gañar
máis)
-adiar pagamentos de
préstamos, hipotecas
-sacar axudas
económicas para quen o necesite, sexan persoas ou empresas
-e sobre todo, para
min, organizarnos, participar e colaborar na vida da comunidade para
resistir as tamén probábeis consecuencias negativas que, como a
anterior, deixe esta crise
Sem comentários:
Enviar um comentário