28/10/2010

Manifesto de APETEGA

Manifesto de APETEGA ante o Borrador do Decreto de Plurilingüismo

APETEGA informa:

Ante a publicación do borrador do Decreto do Plurilingüismo, a Asociación do Profesorado de Tecnoloxía de Galicia (APETEGA) quere expresar a súa desconformidade co mesmo, atendendo ás seguintes razóns :

Como asociación xa manifestamos a nosa preocupación ante a derogación do Decreto 124/2007, xa que consideramos que a lingua galega forma parte da riqueza e da idiosincrasia do noso país. Como todos sabemos, o seu uso está en alarmante retroceso entre a xente nova. Pensamos que dende as institucións educativas a lingua galega debe ser transmitida e apoiada para fomentar o seu uso, debe ter unha discriminación positiva, buscando que as novas xeracións vivan unha situación de igualdade real entre as dúas linguas de Galicia....

5 comentários:

Unknown disse...

Eu tamén estou dacordo coa carta profe porque o galego e a nosa lingua e hai que usala.Son Yanina

Unknown disse...

Eu creo que cada persoa pode falar o que queira,pero sempre respetando as outras linguas,sen rexeitar ningunha.

Anónimo disse...

somos nerea e maria cremos que o galego e unha lingua oficial e hai que tratala como tal, por iso hai que utilizala principalmente nas escolas

Unknown disse...

Estou dacordo necesitamos unha descriminacion positiba...eu que son castelan falante seino e a xuventude doxe en dia falamos mais o castelan ehh y so de que poñan as cienzas en castelan non nos axuda ahora de falar o galego
por eso estou dacordo

Unknown disse...

o galego é una lingua como outra calquera o todos teñen o dereito de usala non a ai k descriminar.

Un saludo a todos
=)