28/08/2013

Taller de glogster

Temos unha presentación e debaixo un enlace a un exemplo de construción dun cartaz interactivo
http://www.eskola20.org/formacion/tutoriales/nivel1/glogster/modulos/es/content_1_1.html

13/07/2013

Enlaces moi bos a contidos de física e química da ESO ou o bacharelato.
Moi interesante a parte eléctrica ou a de medio ambiente

Ondas

Enlace a videos que explican fenómenso con ondas mecánicas
Video das xornadas de APETEGA 2012-13 sobre electromagnetismo

17/06/2013

MOTORES ELÉCTRICOS
Todo empezou grazas ao científico Hans Christian Oersted que comprobou como colocando unha espira ao redor dun compás, se cara a pasar unha corrente pola espira, a agulla do compás (o imán) movíase. Demostrou así, a relación que había entre a electricidade e o magnetismo. Os motores eléctricos son máquinas eléctricas rotatorias. Transforman unha enerxía eléctrica en enerxía mecánica. Teñen múltiples vantaxes, entre as que cabe citar a súa economía, limpeza, comodidade e seguridade de funcionamento, o motor eléctrico substituíu en gran parte a outras fontes de enerxía, tanto na industria coma no transporte, as minas, o comercio, ou o fogar.


O seu funcionamento baséase nas forzas de atracción e repulsión establecidas entre un imán e un fío (bobina) por onde facemos circular unha corrente eléctrica.
 Os motores eléctricos que se utilizan hoxe en día ten moitas espiras chamadas bobinado (de bobinas) no rotor (parte xiratoria) e un imán grande chamado estator colocado na parte fixa do motor arredor do rotor. Tamén hai motores que o seu bobinado o teñen no estator e o rotor sería o imán como
podemos ver na figura do estator de abaixo.


Diego, Jose Antonio e Jose Carlos  4ºESO

27/05/2013

Tedes aquí uns enlaces para manexar a edición de video con open shot
Este primeiro é un completo titorial en castelán ou portugués

07/05/2013

indución electromagnética

relés e timbres

RELÉS
  •  Que é un rele?

É un interruptor automàtico controlado por electricidade. Os relés permiten abrir ou cerrar circuítos eléctricos sen intervenciòn humana directa


  • Para que serve un rele?

.As aplicacións mais importantes son:
  
.automáticos: 
 o compoñente eléctrico que activa os motores dunha porta automática, as luces dun semáforo, un ascensor...
.control de motores eléctricos e industriais:
  os reles utilízanse para pór en marcha, parar e cambiar de sentido.
.Os primeiros ordenadores funcionaban con reles
  os primeiros ordenadores utilizaron reles para realizar cálculos matemáticos.


  • De que partes consta un rele?
Un rele esta formado por uns contactos, unha armadura, un electroimán,  conexións no electroimáns e conexión nos contactos.



  • Un circuito sencillo con rele pode ser un control dun motor.
Este circuito permite acender un motor mediante un relé.A utilidade deste circuito sinxelo ven dada polo feito de que a carga (o motor)  está conectado a unha tensión  alta (circuíto de potencia), pero o botón (o que accionamos nós coa man no circuíto de control)  funciona cunha tensión máis baixa e máis segura



 O TIMBRE.
O timbre é un dispositivo capaz de producir un sinal sonoro.
Ao pechar o botón K pasa unha corrente eléctrica polo electroimán E. O electroimán atrae o elemento A, que golpea na campá B. Ó tempo, o elemento A sepárase do contacto T e o electroimán desactívase, polo que volvemos á situación inicial, con sucesivos golpeos e retornos de A sobre a campá. Isto dura o tempo que teñamos premido o botón K.