Mostrar mensagens com a etiqueta electricidade. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta electricidade. Mostrar todas as mensagens

24/01/2017

Electricidade 2º eso 2016-17

Enlace para traballar a teoría de electricidade

30/03/2016

Enlaces para circuitos eléctricos apoio

http://cosquillitasenlapanza2011.blogspot.com.es/2013/03/la-electricidad-2-para-ninos.html

6 de abril 2016

11/01/2016

Electricidade 2º ESO 2015-16

Enlace para traballar a teoría de electricidade
Os apartados que debedes traballar son

1.Electróns en movemento
Que é a electricidade
Condutores e illantes
O circuíto eléctrico simple
Corrente continua e corrente alterna
Electromagnetismo
2.Magnitudes
Voltaxe
resistencia
intensidade
lei de Ohm
3.Circuítos básicos
Circuíto simple
Circuíto serie
Circuíto paralelo
Circuíto mixto
Curtocircuíto
4.Compoñentes
Xeradores e acumuladores
Medio condutor
Receptores
Elementos de manobra
interruptores
pulsadores
conmutadores
microinterruptores
relés
elementos de protección


Para iso, le de vagar a teoría e realiza as tarefas interactivas propostas para comprobar que  a tes entendida

30/12/2013

Costrución dun motor sinxelo (2º ESO)

11/03/2013

Aquí temos unha tabela de resistividades de distintos materiais

01/03/2013

Con este miniaplicativo (collido de http://elisiofisica.blogspot.com.es) podemos comprobar a resolución dos nosos exercicios sobre a lei de ohm, a potencia e a enerxía para unha resistencia
1ª Lei de Ohm e potência elétrica. Digite apenas dois valores nos campos e pressione o botão Calcular. Bons estudos!
Voltagem(U):VResistência(R):Ω
Amperagem(i):APotência(P):W

1ª lei de Ohm e potência

10/02/2013

MAGNETISMO E ELECTROMAGNETISMO
A atracción entre o ferro e os imáns naturais é un fenómeno que xa fora estudado por Tales de Mileto (625 a.c.).
Houbo que esperar ata o século XIX para que Oersted amostrara que un fío condutor polo que pasa unha corrente creaba unha perturbación magnética (campo magnético), detectable cunha agulla magnetizada (figura 1)


Figura 1
Figura 2
  Para concentrar o efecto magnético facemos bobinas (cable arrolado con moitas espiras) (figura 2).Se lle metemos un núcleo de ferro ou aceiro, temos un electroimán 


Figura 3
Nos anos seguintes, Faraday estudou o efecto contrario: convetir o magnetismo en electricidade. En 1931 demostrou que se movemos un imán nas proximidades dun condutor, aparece unha tensión ou diferencia de potencial (indución electromagnética),capaz de xerar unha corrente detectable cun galvanómetro (medidor de correntes moi pequenas) (figura 3).
De novo , ó engadirmos espiras amplificamos o efecto e temos un xerador de corrente (figura 4) : se facemos xirar un bobinado no interior dun campo magnético podemos obter corrente eléctrica

Figura 4



  Na mesma figura 4,se sustituimos a lámpada por unha batería e facemos circular unha corrente polas espiras do  condutor, da interacción (atracción ou repulsión) entre o campo magnético que se crea e o do imán podemos obter movemento: temos un motor

Figura 5

Na figura 5, ó movermos o imán no interior do bobinado A,creamos unha corrente variable , que á súa vez crea un campo magnético variable. Ese campo magnético variable xerado por B, induce en C unha corrente eléctrica variable (corrente alterna), que é o principio de funcionamento dos transformadores