21/01/2019

Mecanismos 2º eso 2018-19



MECANISMOS

Actividade 1
Que é unha panca
Tipos de pancas
Realiza unha táboa onde aparezan os tres tipos de pancas; un esquema de cada tipo situando cada un dos seguintes elementos: Forza ou Potencia (F), distancia do punto de apoio á devandita forza (dF), Resistencia ou carga (R), distancia do punto de apoio á devandita resistencia (dR) e o punto de apoio ou fulcro; e algún exemplo de cada tipo
Indica a expresión matemática que relaciona eses catro elementos


Actividade 2
Transmisión do movemento de rotación: Poleas e engrenaxes
Enumera  os mecanismos que transforman o movemento circular en circular
Que son as poleas? Tipos.Que son as rodas de fricción e as poleas acopladas por correa?
Cal é a relación matemática entre o tamaño das poleas e a súa velocidade de xiro?
Que son as engrenaxes? Diferenzas entre sistema redutor e sistema multiplicador de velocidade.
Que relación hai entre o número de dentes das rodas da engrenaxe e a velocidade coa que xiran?
Confecciona unha táboa onde aparezan os distintos tipos de engrenaxes. Indica o tipo de transformación que produce.
Que é un tren de engrenaxes?



Actividade 3:MECANISMOS DE TRANSMISIÓN DE MOVEMENTO.
Se falamos de movementos lineares, lineares alternativos, oscilantes e xiratorios...

Que son os mecanismos de transmisión de movemento?
Define e debuxa os seguintes mecanismos. Tíralle -se podes- algunha foto a estes mecanismos en obxectos da nosa contorna
Indica para cada un o tipo de transformación no movemento que efectúa
a) Leva
b) Piñón-cremalleira
c) Biela-manivela
d) Parafuso-porca
e) manivela-torno
f) cegoñal
g) parafuso sen fin

Actividade 4:Outros mecanismos
Trangueiro (trinquete)
Poleas fixas e móbiles.Polipastos
Rampas
Gatillos


http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2005/mecaneso/index.htm

17/10/2018

O átomo


Resolve as cuestións seguintes 
Consulta este enlace
Remata coa avaliación final



O ÁTOMO

1. Quen denominou átomo a parte máis pequena de materia? En que século?



2.No 1808 John Dalton publicou a súa teoría atómica. Nela, os compostos...



3.Despois descubriuse con distintos experimentos que o átomo é divisible, está formado por partículas máis pequenas. Enche a seguinte táboa



Ano descubrimento Descubridor Carga eléctrica masa
electróns







protóns







neutróns









4. Como se distribuían esas partículas no átomo? MODELOS ATÓMICOS
Thomson










Rutherford










Bohr











5.Os átomos de cada elemento teñen un numero fixo de protóns, o NÚMERO ATÓMICO Z
O número de neutróns pode cambiar (falamos de ISÓTOPOS do elemento)
A suma de protóns e neutróns do núcleo é o NÚMERO MÁSICO A



Este numero coincide coa masa do átomo medida en “uma”
Que é o “uma”? (unidade de masa atómica)


6. Os elementos, ó interactuaren, poden coller carga eléctrica: IÓN
Se gañan electróns collen carga (positiva/negativa) e falamos de (catión/anión);
se perden electróns collen carga (positiva/negativa) e falamos de (catión/anión)




7 Como vimos, o número de neutróns pode cambiar (falamos de ISÓTOPOS do elemento)
Como se chama cada un dos isótopos do hidróxeno?







En que proporción están presentes na natureza?