A madeira. 2º eso 2014-15
Nesta ligazón temos os documentos que debemos traballar (2/3 días)
20/04/2015
17/04/2015
Seguidor de linha
Aquí temos en funcionamento un dos robotinhos que prepararon en 4º ESO no curso 2013-14
16/04/2015
A lección do vello Mingos
Hai moitos anos, non me acorda cando nin en que libro de contos tradicionais galegos, lin este conto que vos ponho, que levo no corazón dende aquela. Non só é acaído ó tema da madeira, que imos estudar estes días; tamén invita a unha reflexión sobre o modelo económico de produción e consumo acelerados do que participamos ( e padecemos) na nosa sociedade, modelo no que só importa o gozo inmediato, o aquí e agora de cada individuo,...
Vai o conto:
Vai o conto:
A
LECCION DO VELLO MINGOS
No
cómaro de Lixambre, que está cara de levante, facía unha calor que
acoraba. E, na media sombra dunha corredoira, estaba o vello Mingos
facendo unha cova que tiña xa máis de vara e media de fondo.
-
Santas e boas tardes!- saudouno don Reinaldo, o médico do concello,
que apareceu por alí a cabalo dunha besta relucente e gorda.
-
Amén, señor! -contestoulle o vello Mingos descubríndose.
-
E pódese saber para que é esa cova? -interesouse don Reinaldo.
-
Para plantar no seu tempo unha nogueira -respostoulle o vello
Mingos.-
-Con setenta e cinco anos enriba das costas, poste a
plantar agora unha nogueira? Ti non sabes que para cando dea noces
esa nogueira ti non vas ter dentes nin moas para comelas?
-
E que lIe habemos facer, don Reinaldo? O que levou toda a súa vida
coma min, traballando, non se afai á folganza.
E se vostede me da licencia voulle facer unha pregunta. Foi vostede quen plantau a nogueira do Souto Pequeno, que lIe dá anadas coma en ningures?
E se vostede me da licencia voulle facer unha pregunta. Foi vostede quen plantau a nogueira do Souto Pequeno, que lIe dá anadas coma en ningures?
-
Eu non -respostoulle don Reinaldo- Foi meu avó.
-
E seu avó probou as noces desa nogueira? -voltou a preguntar o vello
Mingos.
-
Non -dixo don Reinaldo--. Ata os netos, non dou froito.
-
Pois xa ve, don Reinaldo, xa ve que estou facendo como fixo o seu
avó, e non ten porque se rir de min .
O
médico pediulle perdón ó vello Mingos e ata lIe agradeceu a
lección que lIe acababa de dar, marchando avergonzado.
Etiquetas:
consumo responsable,
madeira,
medio ambiente
14/04/2015
Proxecto Magallanes (enerxía das mareas)
Vén de sair na prensa destes días o desenvolvemento nunha empresa de Redondela dunha máquina para obter enerxía eléctrica a partir das correntes mariñas .
A novidade que aporta respecto as tecnoloxías que se viñan usando é que non precisa nin encoros nin estruturas (piares no fondo mariño), xa que a plataforma aboia no mar, abaratando ademáis o prezo de instalación
Ligazón 1
Ligazón 2
A novidade que aporta respecto as tecnoloxías que se viñan usando é que non precisa nin encoros nin estruturas (piares no fondo mariño), xa que a plataforma aboia no mar, abaratando ademáis o prezo de instalación
Ligazón 1
Ligazón 2
13/04/2015
Edición
de video.(4º ESO)
Elabora
unha curta de 4 minutos de duración polo menos. O tema da
curtametraxe estará relacionada con algún destes temas, orientados á realidade do noso entorno (o lugar, a parroquia,...)
- Contos populares
- Arquitectura tradicional
- Cantigas tradicionais
- A pedra
- A auga
- A natureza (fauna, flora,...).
- Arquitectura tradicional
- Cantigas tradicionais
- A pedra
- A auga
- A natureza (fauna, flora,...).
- A
industria.
- O
lecer (deporte,...).
- Camiños e pontes-...
Para
iso:
Previo: familiarízate co openshot, o programa que imos utilizar. Podes facelo desde esta ligazón
1.
Crea un cartafol:
Crea
un cartafol co nome CURTA DE CINEMA.
2.
Elabora un guión:
Elabora
un pequeno guión co argumento, o material que vas utilizar para
desenvolver a historia, os personaxes que interveñen, etc. Gárdao e
mándao por correo
3. Grava os vídeos que vaias usar
Prepara 3 ou 4 vídeos para a túa curta. Garda os vídeos seleccionados nun
cartafol co nome VÍDEOS,
dentro
do cartafol CURTA DE CINEMA.
4.
Selecciona as fotografías:
Prepara 15 fotografías polo menos relacionadas co tema que escolliches. Gárdaas nun
cartafol co nome FOTOGRAFÍAS, dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.
5.
Realiza a edición da curta:
Realiza
a montaxe da curta intercalando os clips de vídeos e imaxes, engade
títulos, música, voz, efectos, etc, dando un aspecto máis
atractivo e profesional á presentación. Gárdao dentro do cartafol
CURTA DE CINEMA.
6.
Exposición:
Proxectaremos
as curtas en clase. O xurado estará formado polo resto de
compañeiros. Puntuaranse a creatividade, calidade, son,etc.
16/02/2015
Prácticas audiovisual
![]() |
| http://www.faceyourmanga.com/ |
![]() |
| Feito en notegraphy |
![]() |
| Feito en Tagul |
https://www.smore.com/vw8g2
Subscrever:
Mensagens (Atom)




