02/01/2015

Autobuses eléctricos


Autobuses eléctricos?
A automoción é unha das causas máis grandes de degradación ambiental nas cidades (ruídos, fumes). Para corrixilo, cómpre limitar o acceso do transporte privado (autos individuais) e potenciar o transporte público polos núcleos urbanos.
Dentro dese transporte,os motores eléctricos teñen claras vantaxes sobre os motores de combustión:
-son silenciosos
-pode funcionar con baterías (evitamos os cables) e podemos recargar as baterías con enerxías renovábeis (paneis fotovoltáicos)
-non botan fumes

Na foto aparece un modelo que recarga as baterías en 15 segundos nas paradas dos apeadeiros, que ademáis poderían dispor dos seus propios paneis solares (http://www.ecoportal.net...)
Canto máis vai durar o negocio do petróleo?
Cando poderemos gozar deste e outros moitos inventos que poden aproveitar a enerxía solar sen pasar por un contador (límite máis forte que ten hoxe a extensión do uso das enerxías renovábeis)

O Camiño Portugués

Temos 20 fotos e uns parágrafos desorganizados Hai que asociar a cada foto o parágrafo ou parágrafos que lle corresponden Para iso debes preparar un documento de texto e buscar información por internet.

el-juego.com

Veño de ler estes días "el- juego.com", proposto como lectura para o alumnado de tecnoloxía e informática.
A narración, que mantén o suspense e as ganas de ler ata o remate, xira arredor dunha moza que crea unha relación virtual onde desafoga as súas frustracións  máis recentes; pero, sen pretendelo, esta relación virtual comeza interferir na súa vida...
Animádevos lelo...!!!

30/12/2014

Ola. Retomamos con cariño o curso neste comezo de ano e seguimos co tema de audio.
Logo de resolver convenientemente o traballo sobre os  formatos máis usuais, imos practicar cun editor de son , o audacity. Para iso efectuaredes unhas prácticas que  me mandaredes por correo en formato mp3
Tedes axuda nesta ligazón
 
Práctica 1
Gravar a túa voz: “Coido que non vou aprobar informática. Estou triste”
Mandarma como práctica “desesperad@”

Práctica 2
Cortar o “non” e poñelo para que quede “...Non estou triste”
Mandarma como “esperanzad@”

Práctica 3
Recitar e gravar un poema (mínimo 10 versos).
Mandarmo como “poema”

Práctica 4
Colle un tema musical instrumental acaído para o poema (aconsellable Milladoiro, Paco Barreiro,...)
Mandarmo como “instrumental”

Práctica 5
Crea un documento co poema e a música en pistas separadas
Traballa o proxecto con distintas ferramentas ( envolvente, amplificar,...) antes de enviarmo co título “poema con música”
Atención: non te desfagas do documento .aup por se tes que reelaboralo

Práctica 6
Para que serven as seguintes ferramentas:
Fade in
Fade out
Cambiar a velocidade
Cambiar o tempo
Eco
Wah-wah
Mándamo como “efectos” nun documento de texto

Práctica 7

O obxectivo é facerdes unha cuña publicitaria . Podes escoller entre os seguintes temas:
Un anuncio para unha campaña que promova o abandono e prevención do tabaco.
Un anuncio para unha campaña de prevención da violencia de xénero.
Un anuncio para unha campaña para a prevención do acoso escolar.
A cuña ten que ter un tempo mínimo de 20 segundos e un máximo de 30.
1.Debes seleccionar a túa canción e abrila con Audacity.
2.Redacta por escrito nunha folla aparte o texto que vas usar para a cuña.
3.Grava o audio coa túa voz para a música . Se sobra música, recorta o tramo final da pista en cuestión para que a duración da cuña se axuste ao solicitado.
4.Cando se reproduza ouvirase o audio e a música de fondo. Se fai falta baixa o nivel do audio da música e sobe o da túa voz coa opción Amplificar
5.Cando entre a túa voz debe baixar o volume da música automaticamente
con axuda da ferramenta envolvente e ao acabar a voz debe volver subir o volume da música.
6.Ao final debe diminuír de forma progresiva o tramo final de música
Mandádemo como “cuña”



17/11/2014

Lecturas de informática e tecnoloxía

Este curso queda a proposta de ler narrativa que xira arredor da ciencia e a tecnoloxía como unha actividade complementaria ás aulas de informática e tecnoloxía. Animádevos  ler algunha das obras da listaxe de abaixo e facede algún comentario no blog...!!!


Informática
Frabetti, Carlo: El gran juego, Alfaguara, Serie Roja, Madrid, 1998 (Premio Jaén deNarrativa Infantil y Juvenil 1998). 
Lluch, Gemma: el-juego.com, Algar (Algar joven), Alzira, 2004.
Millán, José Antonio: Base y el generador misterioso. Una aventura digital, Siruela, Las Tres Edades, Madrid, 2002.Ilustraciones de Arnal Ballester.

Tecnoloxía
Isaac Asimov: Robbie y otros relatos (Barcelona: Vicens Vives, 2000)
 Isaac Asimov: Amigos robots (Barcelona: Vicens Vives, 1999) 
2044 (editorial galaxia) 
A teoría do tempo imaxinario (editorial galaxia)
La invención de Hugo Cabret (ed. SM) 
Historia de un forro polar rojo (ed. Siruela)
Spam (relatos)- Francisco Castro 
La cuarta señal - José Carlos Somoza
Ready Player One - Ernest Cline 
Los tecnólogos - Mathew Pearl 
O xogo de Énder (Urco editora)

11/11/2014

Pasar a formato pdf a outros e viceversa.

Moitas veces, e entrando no marxe do legal, a necesidad de adquirir libros pra os nosos Kindle faise visible, máis na rede escasean os libros no formato que o noso aparello precisa, mobi ou Epub. Se non é nestes formatos o Kindle non podrá ler os libros descargados, e existen unha serie de pasos co que podremos facer  que eses arquivos inprocesables polo noso dispositivo convértanse no libro que tanto queremos ler.
.
.
.
.

Nesta entrada aprenderemos a mudar distintos formatos de documento de texto.
Concretamente de pdf. a mobi. (Para poder gardar arquivos no teu dispositivo Kindle e poder lelos.)

1.Conséguese o arquivo PDF que queiramos pasar. Descargámolo e témolo a vista no escritorio.

2.Existen distintos aplicativos que se poden baixar de forma gratuita ao teu PC
con que podes facer, non so ese cambio, si non a outros diferentes formatos de documento de texto (epub, etc)

3.En google entramos na páxina  http://ebook.online-convert.com/es/convertir-a-mobi e alí cargamos o arquivo que queremos pasar.

4.Seguimos os pasos dados pola páxina e xa temos o noso arquivos Mobi.