Veño de ler estes días "el- juego.com", proposto como lectura para o alumnado de tecnoloxía e informática.
A narración, que mantén o suspense e as ganas de ler ata o remate, xira arredor dunha moza que crea unha relación virtual onde desafoga as súas frustracións máis recentes; pero, sen pretendelo, esta relación virtual comeza interferir na súa vida...
Animádevos lelo...!!!
02/01/2015
30/12/2014
Ola. Retomamos con cariño o curso neste comezo de ano e seguimos co tema de audio.
Logo de resolver convenientemente o traballo sobre os formatos máis usuais, imos practicar cun editor de son , o audacity. Para iso efectuaredes unhas prácticas que me mandaredes por correo en formato mp3
Tedes axuda nesta ligazón

Práctica 1
Gravar a túa voz:
“Coido que non vou aprobar informática. Estou triste”
Mandarma como
práctica “desesperad@”
Práctica 2
Cortar o “non” e
poñelo para que quede “...Non estou triste”
Mandarma como
“esperanzad@”
Práctica 3
Recitar e gravar un
poema (mínimo 10 versos).
Mandarmo como
“poema”
Práctica 4
Colle un tema
musical instrumental acaído para o poema (aconsellable Milladoiro,
Paco Barreiro,...)
Mandarmo como
“instrumental”
Práctica 5
Crea un documento co
poema e a música en pistas separadas
Traballa o proxecto
con distintas ferramentas ( envolvente, amplificar,...) antes de
enviarmo co título “poema con música”
Atención: non te
desfagas do documento .aup por se tes que reelaboralo
Práctica 6
Para que serven as
seguintes ferramentas:
Fade in
Fade out
Cambiar a velocidade
Cambiar o tempo
Eco
Wah-wah
Mándamo como
“efectos” nun documento de texto
Práctica 7
O obxectivo é
facerdes unha cuña publicitaria . Podes escoller entre os seguintes
temas:
Un anuncio para unha
campaña que promova o abandono e prevención do tabaco.
Un anuncio para unha
campaña de prevención da violencia de xénero.
Un anuncio para unha
campaña para a prevención do acoso escolar.
A cuña ten que ter
un tempo mínimo de 20 segundos e un máximo de 30.
1.Debes seleccionar
a túa canción e abrila con Audacity.
2.Redacta por
escrito nunha folla aparte o texto que vas usar para a cuña.
3.Grava o audio coa
túa voz para a música . Se sobra música, recorta o tramo final da
pista en cuestión para que a duración da cuña se axuste ao
solicitado.
4.Cando se reproduza
ouvirase o audio e a música de fondo. Se fai falta baixa o nivel do
audio da música e sobe o da túa voz coa opción Amplificar
5.Cando entre a túa
voz debe baixar o volume da música automaticamente
con axuda da
ferramenta envolvente e ao acabar a voz debe volver subir o volume da
música.
6.Ao final debe
diminuír de forma progresiva o tramo final de música
Mandádemo como
“cuña”
17/11/2014
Lecturas de informática e tecnoloxía
Este curso queda a proposta de ler narrativa que xira arredor da ciencia e a tecnoloxía como unha actividade complementaria ás aulas de informática e tecnoloxía. Animádevos ler algunha das obras da listaxe de abaixo e facede algún comentario no blog...!!!
Lluch, Gemma: el-juego.com, Algar (Algar joven), Alzira, 2004.
Millán, José Antonio: Base y el generador misterioso. Una aventura digital, Siruela, Las Tres Edades, Madrid, 2002.Ilustraciones de Arnal Ballester.
Isaac Asimov: Amigos robots (Barcelona: Vicens Vives, 1999)
2044 (editorial galaxia)
A teoría do tempo imaxinario (editorial galaxia)
La invención de Hugo Cabret (ed. SM)
Historia de un forro polar rojo (ed. Siruela)
Spam (relatos)- Francisco Castro
La cuarta señal - José Carlos Somoza
Ready Player One - Ernest Cline
Los tecnólogos - Mathew Pearl
O xogo de Énder (Urco editora)
Informática
Frabetti,
Carlo: El
gran juego,
Alfaguara, Serie Roja, Madrid, 1998 (Premio Jaén deNarrativa
Infantil y Juvenil 1998). Lluch, Gemma: el-juego.com, Algar (Algar joven), Alzira, 2004.
Millán, José Antonio: Base y el generador misterioso. Una aventura digital, Siruela, Las Tres Edades, Madrid, 2002.Ilustraciones de Arnal Ballester.
Tecnoloxía
Isaac
Asimov: Robbie y otros relatos (Barcelona: Vicens Vives, 2000)Isaac Asimov: Amigos robots (Barcelona: Vicens Vives, 1999)
2044 (editorial galaxia)
A teoría do tempo imaxinario (editorial galaxia)
La invención de Hugo Cabret (ed. SM)
Historia de un forro polar rojo (ed. Siruela)
Spam (relatos)- Francisco Castro
La cuarta señal - José Carlos Somoza
Ready Player One - Ernest Cline
Los tecnólogos - Mathew Pearl
O xogo de Énder (Urco editora)
11/11/2014
Pasar a formato pdf a outros e viceversa.
Moitas veces, e entrando no marxe do legal, a necesidad de adquirir libros pra os nosos Kindle faise visible, máis na rede escasean os libros no formato que o noso aparello precisa, mobi ou Epub. Se non é nestes formatos o Kindle non podrá ler os libros descargados, e existen unha serie de pasos co que podremos facer que eses arquivos inprocesables polo noso dispositivo convértanse no libro que tanto queremos ler.
.
.
.
.
Nesta entrada aprenderemos a mudar distintos formatos de documento de texto.
Concretamente de pdf. a mobi. (Para poder gardar arquivos no teu dispositivo Kindle e poder lelos.)
1.Conséguese o arquivo PDF que queiramos pasar. Descargámolo e témolo a vista no escritorio.
2.Existen distintos aplicativos que se poden baixar de forma gratuita ao teu PC
con que podes facer, non so ese cambio, si non a outros diferentes formatos de documento de texto (epub, etc)
3.En google entramos na páxina http://ebook.online-convert.com/es/convertir-a-mobi e alí cargamos o arquivo que queremos pasar.
4.Seguimos os pasos dados pola páxina e xa temos o noso arquivos Mobi.

29/10/2014
14/10/2014
Máquina de ciclo fixo
Logo de rematardes cos circuítos domésticos imos comezar a deseñar unha máquina de ciclo fixo (4º ESO). Ilustrámolo cunha imaxe de exemplo, mais podedes crear as variantes que vexades. O obxectivo é que unha bola percorra un circuito pechado ininterrumpidamente. Propoño ter a parte mecánica para esta primeira avaliación; pensade que cómpre prever como vai ser o control por se afecta na parte construtiva desta avaliación
Sorte.
Sorte.
Proxecto 3º ESO 1ª avaliación curso 2014-15
PROXECTO TREN DE FEIRA
Deseñar e construír unha atracción de feira do tren do terror, ou infantil, que cumpra as seguintes condicións:
O tren moverase por unha vía. A locomotora terá tres ou catro rodas. De ter tres, a dianteira irá entre os raíles, facendo tope e dirixíndoa.Levará un motor con redutora que collerá a tensión dunhas pistas que poden coincidir coas vías
Os vagóns faranse de materiais lixeiros, como cartón e contrachapado de 3mm. Ha de ter dous vagóns mínimo.
O traxecto disporá dun túnel por onde pasará o tren e o traxecto deberá pasar por algunha ponte feita con estruturas trianguladas con pauciños
O túnel terá un semáforo que, de estar en vermello, parará automaticamente o tren na entrada do túnel. O túnel terá unha iluminación que se acenderá cando vaia entrar o tren e durante todo o seu paso polo túnel
Haberá dous mecanismos para asustar ou sorprender aos pasaxeiros:
Un na saída da caseta , onde aparecerá un boneco ao mover unha panca
O outro queda á vosa elección; debe ser totalmente diferente ao anterior.
Terá un interruptor de toda a atracción
Valorarase a creatividade e orixinalidade
Debedes presentar un proxecto inicial
MEMORIA DO PROXECTO
Debe incluír as seguintes partes, realizando co procesador de textos todo o que se poida e usando o formato indicado para o traballo de investigación.
PORTADA: Nome do proxecto, debuxo representativo ou fotografía e nome dos autores da memoria.
ÍNDICE (cos apartados e páxinas numeradas).
1. MEMORIA
1.1. Memoria descritiva
Breve descrición do proxecto, indicando a súa forma, cor, funcionamento e materiais dos cales esta feito.
1.2 Elección da solución
Incluíndo o cadro que se utilizou para elixir a solución máis apropiada e cal foi a que se elixiu finalmente e porqué.
1.3. Memoria construtiva.
a) Breve descrición da organización e pasos seguidos ordenados para a súa construción na aula taller.
b) Listado de materiais.
c) Listado de ferramentas.
d) Compoñentes do grupo e responsables.
2. PLANOS
a) Plano 1: bosquexos individuais. Cada un debe levar o nome e apelidos do autor e debe incluír os materiais e o mecanismo a utilizar.
b) Plano 2: Esbozo (mínimo 2 vistas).
c) Plano 3: Despezamento (alzado e perfil ou planta de cada unha das pezas que haxa que realizar indicando o nome e cantidade).
d) Mecanismos: alzado, planta e funcionamento.
e) Circuítos eléctricos: esquemas eléctricos, funcionamento e programa de luces a tamaño real.
3. AVALIACIÓN
a) Problemas atopados.
b) Solucións adoptadas.
c) Traballo realizado por cada compoñente: explicade que parte do proxecto realizou cada un de vós e se houbo unha boa organización das tarefas dentro do equipo.
d) Valoración critica persoal. Expresade cada un dos compoñentes do grupo a vosa opinión sobre o proxecto (dificultade, se estades satisfeitos co traballo realizado, se vos gustou ou non e porqué?.).
Data de entrega da memoria: primeiros de novembro
E do proxecto construído (tren ,vías, circuíto eléctrico): 12 decembro

Subscrever:
Mensagens (Atom)