17/11/2014

Lecturas de informática e tecnoloxía

Este curso queda a proposta de ler narrativa que xira arredor da ciencia e a tecnoloxía como unha actividade complementaria ás aulas de informática e tecnoloxía. Animádevos  ler algunha das obras da listaxe de abaixo e facede algún comentario no blog...!!!


Informática
Frabetti, Carlo: El gran juego, Alfaguara, Serie Roja, Madrid, 1998 (Premio Jaén deNarrativa Infantil y Juvenil 1998). 
Lluch, Gemma: el-juego.com, Algar (Algar joven), Alzira, 2004.
Millán, José Antonio: Base y el generador misterioso. Una aventura digital, Siruela, Las Tres Edades, Madrid, 2002.Ilustraciones de Arnal Ballester.

Tecnoloxía
Isaac Asimov: Robbie y otros relatos (Barcelona: Vicens Vives, 2000)
 Isaac Asimov: Amigos robots (Barcelona: Vicens Vives, 1999) 
2044 (editorial galaxia) 
A teoría do tempo imaxinario (editorial galaxia)
La invención de Hugo Cabret (ed. SM) 
Historia de un forro polar rojo (ed. Siruela)
Spam (relatos)- Francisco Castro 
La cuarta señal - José Carlos Somoza
Ready Player One - Ernest Cline 
Los tecnólogos - Mathew Pearl 
O xogo de Énder (Urco editora)

11/11/2014

Pasar a formato pdf a outros e viceversa.

Moitas veces, e entrando no marxe do legal, a necesidad de adquirir libros pra os nosos Kindle faise visible, máis na rede escasean os libros no formato que o noso aparello precisa, mobi ou Epub. Se non é nestes formatos o Kindle non podrá ler os libros descargados, e existen unha serie de pasos co que podremos facer  que eses arquivos inprocesables polo noso dispositivo convértanse no libro que tanto queremos ler.
.
.
.
.

Nesta entrada aprenderemos a mudar distintos formatos de documento de texto.
Concretamente de pdf. a mobi. (Para poder gardar arquivos no teu dispositivo Kindle e poder lelos.)

1.Conséguese o arquivo PDF que queiramos pasar. Descargámolo e témolo a vista no escritorio.

2.Existen distintos aplicativos que se poden baixar de forma gratuita ao teu PC
con que podes facer, non so ese cambio, si non a outros diferentes formatos de documento de texto (epub, etc)

3.En google entramos na páxina  http://ebook.online-convert.com/es/convertir-a-mobi e alí cargamos o arquivo que queremos pasar.

4.Seguimos os pasos dados pola páxina e xa temos o noso arquivos Mobi.










29/10/2014

Enlace para matemáticas de 1º ESO

14/10/2014

Máquina de ciclo fixo

Logo de rematardes cos circuítos domésticos imos comezar a deseñar unha máquina de ciclo fixo (4º ESO). Ilustrámolo cunha imaxe  de exemplo, mais  podedes crear as variantes que vexades. O obxectivo é que unha bola percorra un circuito pechado ininterrumpidamente. Propoño ter a parte mecánica para esta primeira avaliación; pensade que cómpre prever como vai ser o control por se afecta na parte construtiva desta avaliación
Sorte.

Proxecto 3º ESO 1ª avaliación curso 2014-15

PROXECTO TREN DE FEIRA
 Deseñar e construír unha atracción de feira do tren do terror, ou infantil, que cumpra as seguintes condicións:
O tren moverase por unha vía. A locomotora terá tres ou catro  rodas. De ter tres, a dianteira irá entre os raíles, facendo tope e dirixíndoa.Levará un motor con redutora que collerá a tensión dunhas pistas que poden coincidir coas vías

Os vagóns faranse de materiais lixeiros, como cartón e contrachapado de 3mm. Ha de ter dous vagóns mínimo.

 O traxecto disporá dun túnel por onde pasará o tren e o traxecto deberá pasar por algunha ponte feita con estruturas trianguladas con pauciños

O túnel terá un semáforo que, de estar en vermello, parará automaticamente o tren na entrada do túnel. O túnel terá unha iluminación que se acenderá cando vaia entrar o tren e durante todo o seu paso polo túnel

Haberá dous mecanismos para asustar ou sorprender aos pasaxeiros:
Un na saída da caseta , onde aparecerá un boneco ao mover unha panca
O outro queda á vosa elección; debe ser  totalmente diferente ao anterior.

Terá un interruptor de toda a atracción

Valorarase a creatividade e orixinalidade

Debedes  presentar un proxecto inicial






MEMORIA DO PROXECTO
Debe incluír as seguintes partes, realizando co procesador de textos todo o que se poida e usando o formato indicado para o traballo de investigación.

PORTADA: Nome do proxecto, debuxo representativo ou fotografía e nome dos autores da memoria.
ÍNDICE (cos apartados e páxinas numeradas).
1. MEMORIA
1.1. Memoria descritiva
Breve descrición do proxecto, indicando a súa forma, cor, funcionamento e materiais dos cales esta feito.
1.2 Elección da solución
Incluíndo o cadro que se utilizou para elixir a solución máis apropiada e cal foi a que se elixiu finalmente e porqué.
1.3. Memoria construtiva.
a) Breve descrición da organización e pasos seguidos ordenados para a súa construción na aula taller.
b) Listado de materiais.
c) Listado de ferramentas.
d) Compoñentes do grupo e responsables.
2. PLANOS
a) Plano 1: bosquexos individuais. Cada un debe levar o nome e apelidos do autor e debe incluír os materiais e o mecanismo a utilizar.
b) Plano 2: Esbozo (mínimo 2 vistas).
c) Plano 3: Despezamento (alzado e perfil ou planta de cada unha das pezas que haxa que realizar indicando o nome e cantidade).
d) Mecanismos: alzado, planta e funcionamento.
e) Circuítos eléctricos: esquemas eléctricos, funcionamento e programa de luces a tamaño real.
3. AVALIACIÓN
a) Problemas atopados.
b) Solucións adoptadas.
c) Traballo realizado por cada compoñente: explicade que parte do proxecto realizou cada un de vós e se houbo unha boa organización das tarefas dentro do equipo.
d) Valoración critica persoal. Expresade cada un dos compoñentes do grupo a vosa opinión sobre o proxecto (dificultade, se estades satisfeitos co traballo realizado, se vos gustou ou non e porqué?.).

Data de entrega da memoria: primeiros de novembro
E do proxecto construído (tren ,vías, circuíto eléctrico): 12 decembro

03/06/2014

Edición de video


Edición de video.(4º ESO)

Elabora unha curta de 4 minutos de duración (aproximadamente). O tema da curtametraxe estará relacionada con algún destes temas, mellor orientados á realidade do noso entorno (o lugar, a parroquia,...)
- A natureza.
- A industria.
- O cinema.
- O lecer.
- Os medios de transporte.
-A túa parroquia
-Arquitectura tradicional
-Outro que propoñades

Para iso:

Previo: familiarízate co openshot, o programa que imos utilizar. Podes facelo desde esta ligazón

1. Crea un cartafol:
Crea un cartafol co nome CURTA DE CINEMA.

2. Elabora un guión:
Elabora un pequeno guión co argumento, o material que vas utilizar para desenvolver a historia, os personaxes que interveñen, etc. Gárdao e mándao por correo

3. Selecciona os vídeos que vaias usar
Busca 3 ou 4 vídeos para a túa curta. Garda os vídeos seleccionados nun cartafol co nome VÍDEOS,
dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

4. Selecciona as fotografías:
Escolle 15 fotografías relacionadas co tema que escolliches. Gárdaas nun cartafol co nome FOTOGRAFÍAS, dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

5. Realiza a edición da curta:
Realiza a montaxe da curta intercalando os clips de vídeos e imaxes, engade títulos, música, voz, efectos, etc, dando un aspecto máis atractivo e profesional á presentación. Gárdao dentro do cartafol CURTA DE CINEMA.

6. Exposición:
Proxectaremos as curtas en clase. O xurado estará formado polo resto de compañeiros. Puntuaranse a creatividade, calidade, son,etc.

08/04/2014

Para a sesión de titoría de hoxe, 8 de abril, imos dar uns consellos para tomar uns bos apuntamentos. Lede de vagar os contidos da ligazón e enchede o cadro que vos dou nunha folla Tomar apuntamentos