29/04/2015

Virus e ataques informáticos

En "La Voz..." do 29 de abril vinha esta noticia, acaída ao tema de seguridade informática que estamos a ver. Léa e fai un comentario. 

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/04/29/mafias-internacionales-dirigen-ataques-ordenadores-empresas/0003_201504G29P2991.htm

Tamén me chegou ao correo a seguinte mensaxe, avisándome e recordándome as medidas de seguridade que podo tomar 

 Estimado/a usuario/a:

Nas últimas semanas estanse recibindo, a través do correo electrónico, unha serie de mensaxes fraudulentas, que conteñen un software malicioso de tipo “Ransomware”. Trátase de variantes dun mesmo virus que se modifican a diario e que en determinados casos poden pasar os filtros de correo e non ser detectado polo antivirus.

Estes virus cifran os arquivos de datos do seu posto de traballo e dos sistemas de ficheiros compartidos, deixándoos inaccesibles e solicitándolle un rescate ou pago para recuperar os arquivos modificados.

Se vostede recibe un correo sospeitoso, que contén un ficheiro adxunto ou unha ligazón sospeitosa, non o abra. O máis recomendable é borralo ou, en todo caso, comprobar se o remitente realmente llo enviou a vostede. En caso contrario, bórreo definitivamente.

Recomendámoslle tamén, desconfiar dos correos electrónicos dun remitente descoñecido que conteñan enlaces a páxinas web externas, non debendo pinchar nos enlaces se o correo é sospeitoso. Desde a Xunta de Galicia, nunca se lle han solicitar as súas credenciais (usuario e contrasinal) por correo electrónico. Así mesmo, outras entidades (entidades bancarias, Administracións Públicas, etc.) non lle solicitarán credenciais de acceso por correo electrónico. Ante a dúbida, comprobe que o remitente dun correo é quen realmente di ser e non se trate dunha suplantación de identidade.


Máis información no sitio temático Navega con Rumbo no Portal Educativo da Consellería de Cultura, Educación e O.U.


En lendo os dous documentos, que conclusións tiras? Que medidas de seguridade podes tomar?

Sem comentários:

Enviar um comentário

Comentarios