26/03/2020

A crise do coronavirus

A CRISE DO CORONAVIRUS
Estou a ler algún artigo sobre a crise do coronavirus, e aínda que escapa do "temario" e non estamos afeitos falar entre nós de temas alleos ós contidos de tecno, vou compartir algunha reflexión.

1.Vivimos rodeados de diferentes crises
-crises humanitarias (millóns de desprazamentos por guerras, fame,)
- crise climática
-crise enerxética (o petróleo ten os días contados)
-crise de escaseza de certos materiais (necesarios para baterías, móbiles,...)
-crise medioambiental (desaparición de especies, contaminación)

2.A CRISE con maiúsculas , a que acaparou máis a atención hai uns anos, foi unha crise económica, alá polo 2008.Esta crise e as anteriores están todas vencelladas, e son produto inevitable do desenvolvemento do sistema económico no que vivimos: o capitalismo.
En particular, a CRISE foi unha crise do sistema bancario. Pero pagámola TODOS.

3. As medidas que tomou o goberno :
-crearon unha sociedade con máis desigualdades , na que os ricos se fixeron máis ricos, os pobres, máis pobres,para moita xente ter un salario xa non garante poder vivir con dignidade, hai máis traballadores en precario, os impostos son máis duros para os traballadores ou pequenas empresas mentres que as grandes empresas e as grandes fortunas teñen máis facilidades para pagar menos impostos,...
-reduciuse a pouca presenza que había de banca pública (que é a que pode intervir pensando nas persoas ou nas empresas, e non nos beneficios)
-reduciuse cada vez máis o gasto en servizos públicos (reducións de persoal, peche de escolas ou de servizos de atención de facenda, xulgados,...) aumentando e subvencionando de paso o negocio privado
-un servizo público que sufriu recortes crecentes foi a sanidade. Un exemplo mediático foi o peche do paridoiro do hospital de Verín, só paralizado pola organización da xente da comarca . Pero non só recortes, senón derivar ao negocio privado moitos dos servizos asociados (limpeza, laboratorios, cociña, a tele dos cuartos das plantas dos hospitais,...)

4. Neste estado de cousas, aparece a crise do coronavirus
Con todo o drama e angustias que poidamos pasar, tamén é unha oportunidade de saír máis fortalecidos como sociedade e como pobo, máis solidarios, de ter unha sociedade máis xusta. Entre outras cousas, non debemos repetir os mesmos erros:
-estamos a comprobar a necesidade de contar con servizos públicos robustos (sanidade, dependencia, atención a domicilio,...), que nos deixará preparados para as crises que de seguro nos esperan.
-as necesidades básicas da xente teñen que estar cubertas (vivenda, enerxía,sanidade) garantindo uns ingresos de subsistencia en situacións extremas (desemprego, corentenas, coidado de fillos ou persoas na casa...).
-prohibir cortes de luz, de auga, de gas. Estas empresas teñen cada ano máis beneficios, poden reducilos sen problema ningún
-crear unha banca pública e limitar o beneficio no negocio da privada. (Ao ano do salvamento que lle regalamos á banca , xa se gababan de teren beneficios: as crises son oportunidades que aproveitan para gañar máis)
-adiar pagamentos de préstamos, hipotecas
-sacar axudas económicas para quen o necesite, sexan persoas ou empresas
-e sobre todo, para min, organizarnos, participar e colaborar na vida da comunidade para resistir as tamén probábeis consecuencias negativas que, como a anterior, deixe esta crise

Sem comentários: