26/03/2020

A crise do coronavirus

A CRISE DO CORONAVIRUS
Estou a ler algún artigo sobre a crise do coronavirus, e aínda que escapa do "temario" e non estamos afeitos falar entre nós de temas alleos ós contidos de tecno, vou compartir algunha reflexión.

1.Vivimos rodeados de diferentes crises
-crises humanitarias (millóns de desprazamentos por guerras, fame,)
- crise climática
-crise enerxética (o petróleo ten os días contados)
-crise de escaseza de certos materiais (necesarios para baterías, móbiles,...)
-crise medioambiental (desaparición de especies, contaminación)

2.A CRISE con maiúsculas , a que acaparou máis a atención hai uns anos, foi unha crise económica, alá polo 2008.Esta crise e as anteriores están todas vencelladas, e son produto inevitable do desenvolvemento do sistema económico no que vivimos: o capitalismo.
En particular, a CRISE foi unha crise do sistema bancario. Pero pagámola TODOS.

3. As medidas que tomou o goberno :
-crearon unha sociedade con máis desigualdades , na que os ricos se fixeron máis ricos, os pobres, máis pobres,para moita xente ter un salario xa non garante poder vivir con dignidade, hai máis traballadores en precario, os impostos son máis duros para os traballadores ou pequenas empresas mentres que as grandes empresas e as grandes fortunas teñen máis facilidades para pagar menos impostos,...
-reduciuse a pouca presenza que había de banca pública (que é a que pode intervir pensando nas persoas ou nas empresas, e non nos beneficios)
-reduciuse cada vez máis o gasto en servizos públicos (reducións de persoal, peche de escolas ou de servizos de atención de facenda, xulgados,...) aumentando e subvencionando de paso o negocio privado
-un servizo público que sufriu recortes crecentes foi a sanidade. Un exemplo mediático foi o peche do paridoiro do hospital de Verín, só paralizado pola organización da xente da comarca . Pero non só recortes, senón derivar ao negocio privado moitos dos servizos asociados (limpeza, laboratorios, cociña, a tele dos cuartos das plantas dos hospitais,...)

4. Neste estado de cousas, aparece a crise do coronavirus
Con todo o drama e angustias que poidamos pasar, tamén é unha oportunidade de saír máis fortalecidos como sociedade e como pobo, máis solidarios, de ter unha sociedade máis xusta. Entre outras cousas, non debemos repetir os mesmos erros:
-estamos a comprobar a necesidade de contar con servizos públicos robustos (sanidade, dependencia, atención a domicilio,...), que nos deixará preparados para as crises que de seguro nos esperan.
-as necesidades básicas da xente teñen que estar cubertas (vivenda, enerxía,sanidade) garantindo uns ingresos de subsistencia en situacións extremas (desemprego, corentenas, coidado de fillos ou persoas na casa...).
-prohibir cortes de luz, de auga, de gas. Estas empresas teñen cada ano máis beneficios, poden reducilos sen problema ningún
-crear unha banca pública e limitar o beneficio no negocio da privada. (Ao ano do salvamento que lle regalamos á banca , xa se gababan de teren beneficios: as crises son oportunidades que aproveitan para gañar máis)
-adiar pagamentos de préstamos, hipotecas
-sacar axudas económicas para quen o necesite, sexan persoas ou empresas
-e sobre todo, para min, organizarnos, participar e colaborar na vida da comunidade para resistir as tamén probábeis consecuencias negativas que, como a anterior, deixe esta crise

23/03/2020

Para tecnoloxía 2º ESO

Logo de presentar rematadas as tarefas anteriores, podedes poñervos con estas outras de resolución de circuitos en corrente continua.
Comezamos cun repaso dos resultados obtidos co uso do polímetro no taller e , a partir deles, tiramos unhas conclusións teóricas.Só hai que recordar a Lei de Ohm
Os documentos están numerados pola orde de visionado
Os videos son opcionais, para axudar (iso espero)
Nos exercicios sen debuxo, É OBRIGATORIO facelo, así como indicar as incógnitas (intensidades, tensións ou resistencias)
Se usades a conta do IES, tedes esta ligazón
https://drive.google.com/drive/folders/1juwsi3-NJyHTflEFC97ShtYJ4KP4Uwui?usp=sharing
Se usades outra conta, tedes esta ligazón
https://drive.google.com/drive/folders/1bV2FYWA6Iuj7oFAf08jsVjEHVap82RSi?usp=sharing

Ánimo!

16/03/2020

Para tecnoloxía 2º ESO

Ola
Para estes tres días (16-18 de marzo) propoño as seguintes tarefas:
1.Rematardes coas propiedades dos materiais.
2.Rematardes co tema dos plásticos.Se modificades calquera destes dous documentos , invitádeme de novo para que me apareza na bandexa de entrada do correo
3.Rematar coa ficha de compoñentes eléctricos
Se usades a conta do ies, tedes esta ligazón
https://docs.google.com/document/d/148FoBtYsPKKVC2PHA5P1ZamuhBitOB9bAfLcdxr4j-g/edit?usp=sharing
Se usades outra conta, tedes esta outra ligazón
https://docs.google.com/document/d/1ijT9QsfIUZk3iC2YqOZc4yP1uPUgRdduGkhxxEhv5Qw/edit?usp=sharing

A teoría podedes atopala en https://tecnoloxia.org/electricidade/?page_id=291

Para esta semana coido que chega
Para a que vén ,xa vos proporei algunha tarefaneste mesmo blog
Ánimo.Coidádevos

PMAR:Tarefas de inglés e ámbito lingüístico

Ola
Mandouvos  Chus  unha invitación a unha conta de google classroom para facerdes unhas tarefas. Quen non poida acceder, , que me diga outro xeito e intentamos desa outra maneira
Tamén Mar,no ámbito lingüístico, avisou que tedes que facer o exame de Sociais: organización do Estado español. Comunidade Autónoma de Galicia. Leis polas que se rexen e organización. Tedes que enviarlle  un esquema co tema. O seu correo é: mmosquera@iesribeiralouro.com.es

15/03/2020

exame mates para grupo PMAR


Se accedes coa conta @iesribeiralouro.com.es:
https://docs.google.com/document/d/1sShDQTZ_Z3d6SR6EV8tn-flS38tJe9xGhkDMzAPXqyM/edit?usp=sharing 

Se accedes con outra conta de correo:
Shttps://docs.google.com/document/d/1GiYwaRK5uG4CwuZXpNxxnIObjzd8-BUFzGJAi5wMJ9c/edit?usp=sharing

Debera de estar para o mércores.Mandádemo ó correo ou ó uasap: podedes facerlle unha foto ós exercicios resoltos ,ou como vexades

Para a semana xa veremos outra cousa, tamén polo blog (estade atentos)

Ánimo.Probade xestionar na casa o voso tempo de estudo,decidir as tarefas que ides facer (repasar bioloxía, preparar plástica de 1º,facer unha folla de mates,...),xuntar o material (libros, apuntamentos, ...), estar 20 minutos facendo unha tarefa sen pausa, descansar 5 minutos,ata completar un par de horas

Saúdos.Coidádevos