20/04/2020

Conexionado de elementos

Ola
Quedan 2 apartados para rematarmos con electricidade
Imos traballar a conexión  de elementos eléctricos. Tiña unha parte de taller da que teremos que prescindir
Pódese resolver cun procesador de textos nun ordenador (explico no 1º video).
Quen non poida, que debuxe sobre un papel, con claridade, sen borranchos
e que mande despois por foto
Este é un labor para esta semana
Ánimo
(tarefa tirada de https://tecnoloxia.org/)

11/04/2020

Electricidade 2º ESO 2019-20

 
Temos un esquema do que vimos e o que nos falta (en cor vemella ) 
Agora imos ver a resolución de circuitos mixtos
Como antes, os exercicios están no documento 10.
No documento 13 tedes unha explicación de dous exercicios
Conto que o teñades para o 17 de abril
Despois, seguiremos 
Saúde

02/04/2020

Nova tarefa de tecno

Ola
Como andamos de ánimos?
Comezamos a 3ª avaliación   e retomámola onde quedamos
Quen poida, que as vaia facendo. É un xeito de non desconectar da materia.Non sei que será do resto do curso, xa veremos en que momento podemos volver estar xuntos...
Estamos en circuitos eléctricos
Practicamos a lei de OHM


Vimos circuitos en serie
documentos 3,4,11
exercicios no documento 10

Agora preparei resolución de circuitos en paralelo
documentos 5,6, 12
exercicios no documento 10
Na mesma ligazón de arriba

Ánimo
A ver se o temos antes do remate da semana que vén
Cando poida, preparo circuitos mixtos e xa volo paso
Apertas

26/03/2020

A crise do coronavirus

A CRISE DO CORONAVIRUS
Estou a ler algún artigo sobre a crise do coronavirus, e aínda que escapa do "temario" e non estamos afeitos falar entre nós de temas alleos ós contidos de tecno, vou compartir algunha reflexión.

1.Vivimos rodeados de diferentes crises
-crises humanitarias (millóns de desprazamentos por guerras, fame,)
- crise climática
-crise enerxética (o petróleo ten os días contados)
-crise de escaseza de certos materiais (necesarios para baterías, móbiles,...)
-crise medioambiental (desaparición de especies, contaminación)

2.A CRISE con maiúsculas , a que acaparou máis a atención hai uns anos, foi unha crise económica, alá polo 2008.Esta crise e as anteriores están todas vencelladas, e son produto inevitable do desenvolvemento do sistema económico no que vivimos: o capitalismo.
En particular, a CRISE foi unha crise do sistema bancario. Pero pagámola TODOS.

3. As medidas que tomou o goberno :
-crearon unha sociedade con máis desigualdades , na que os ricos se fixeron máis ricos, os pobres, máis pobres,para moita xente ter un salario xa non garante poder vivir con dignidade, hai máis traballadores en precario, os impostos son máis duros para os traballadores ou pequenas empresas mentres que as grandes empresas e as grandes fortunas teñen máis facilidades para pagar menos impostos,...
-reduciuse a pouca presenza que había de banca pública (que é a que pode intervir pensando nas persoas ou nas empresas, e non nos beneficios)
-reduciuse cada vez máis o gasto en servizos públicos (reducións de persoal, peche de escolas ou de servizos de atención de facenda, xulgados,...) aumentando e subvencionando de paso o negocio privado
-un servizo público que sufriu recortes crecentes foi a sanidade. Un exemplo mediático foi o peche do paridoiro do hospital de Verín, só paralizado pola organización da xente da comarca . Pero non só recortes, senón derivar ao negocio privado moitos dos servizos asociados (limpeza, laboratorios, cociña, a tele dos cuartos das plantas dos hospitais,...)

4. Neste estado de cousas, aparece a crise do coronavirus
Con todo o drama e angustias que poidamos pasar, tamén é unha oportunidade de saír máis fortalecidos como sociedade e como pobo, máis solidarios, de ter unha sociedade máis xusta. Entre outras cousas, non debemos repetir os mesmos erros:
-estamos a comprobar a necesidade de contar con servizos públicos robustos (sanidade, dependencia, atención a domicilio,...), que nos deixará preparados para as crises que de seguro nos esperan.
-as necesidades básicas da xente teñen que estar cubertas (vivenda, enerxía,sanidade) garantindo uns ingresos de subsistencia en situacións extremas (desemprego, corentenas, coidado de fillos ou persoas na casa...).
-prohibir cortes de luz, de auga, de gas. Estas empresas teñen cada ano máis beneficios, poden reducilos sen problema ningún
-crear unha banca pública e limitar o beneficio no negocio da privada. (Ao ano do salvamento que lle regalamos á banca , xa se gababan de teren beneficios: as crises son oportunidades que aproveitan para gañar máis)
-adiar pagamentos de préstamos, hipotecas
-sacar axudas económicas para quen o necesite, sexan persoas ou empresas
-e sobre todo, para min, organizarnos, participar e colaborar na vida da comunidade para resistir as tamén probábeis consecuencias negativas que, como a anterior, deixe esta crise

23/03/2020

Para tecnoloxía 2º ESO

Logo de presentar rematadas as tarefas anteriores, podedes poñervos con estas outras de resolución de circuitos en corrente continua.
Comezamos cun repaso dos resultados obtidos co uso do polímetro no taller e , a partir deles, tiramos unhas conclusións teóricas.Só hai que recordar a Lei de Ohm
Os documentos están numerados pola orde de visionado
Os videos son opcionais, para axudar (iso espero)
Nos exercicios sen debuxo, É OBRIGATORIO facelo, así como indicar as incógnitas (intensidades, tensións ou resistencias)
Se usades a conta do IES, tedes esta ligazón
https://drive.google.com/drive/folders/1juwsi3-NJyHTflEFC97ShtYJ4KP4Uwui?usp=sharing
Se usades outra conta, tedes esta ligazón
https://drive.google.com/drive/folders/1bV2FYWA6Iuj7oFAf08jsVjEHVap82RSi?usp=sharing

Ánimo!

16/03/2020

Para tecnoloxía 2º ESO

Ola
Para estes tres días (16-18 de marzo) propoño as seguintes tarefas:
1.Rematardes coas propiedades dos materiais.
2.Rematardes co tema dos plásticos.Se modificades calquera destes dous documentos , invitádeme de novo para que me apareza na bandexa de entrada do correo
3.Rematar coa ficha de compoñentes eléctricos
Se usades a conta do ies, tedes esta ligazón
https://docs.google.com/document/d/148FoBtYsPKKVC2PHA5P1ZamuhBitOB9bAfLcdxr4j-g/edit?usp=sharing
Se usades outra conta, tedes esta outra ligazón
https://docs.google.com/document/d/1ijT9QsfIUZk3iC2YqOZc4yP1uPUgRdduGkhxxEhv5Qw/edit?usp=sharing

A teoría podedes atopala en https://tecnoloxia.org/electricidade/?page_id=291

Para esta semana coido que chega
Para a que vén ,xa vos proporei algunha tarefaneste mesmo blog
Ánimo.Coidádevos

PMAR:Tarefas de inglés e ámbito lingüístico

Ola
Mandouvos  Chus  unha invitación a unha conta de google classroom para facerdes unhas tarefas. Quen non poida acceder, , que me diga outro xeito e intentamos desa outra maneira
Tamén Mar,no ámbito lingüístico, avisou que tedes que facer o exame de Sociais: organización do Estado español. Comunidade Autónoma de Galicia. Leis polas que se rexen e organización. Tedes que enviarlle  un esquema co tema. O seu correo é: mmosquera@iesribeiralouro.com.es

15/03/2020

exame mates para grupo PMAR


Se accedes coa conta @iesribeiralouro.com.es:
https://docs.google.com/document/d/1sShDQTZ_Z3d6SR6EV8tn-flS38tJe9xGhkDMzAPXqyM/edit?usp=sharing 

Se accedes con outra conta de correo:
Shttps://docs.google.com/document/d/1GiYwaRK5uG4CwuZXpNxxnIObjzd8-BUFzGJAi5wMJ9c/edit?usp=sharing

Debera de estar para o mércores.Mandádemo ó correo ou ó uasap: podedes facerlle unha foto ós exercicios resoltos ,ou como vexades

Para a semana xa veremos outra cousa, tamén polo blog (estade atentos)

Ánimo.Probade xestionar na casa o voso tempo de estudo,decidir as tarefas que ides facer (repasar bioloxía, preparar plástica de 1º,facer unha folla de mates,...),xuntar o material (libros, apuntamentos, ...), estar 20 minutos facendo unha tarefa sen pausa, descansar 5 minutos,ata completar un par de horas

Saúdos.Coidádevos

21/01/2020

Os metais





OS METAIS 
De que árbore veñen as tixolas?






Onde se plantan os parafusos?




De todos os materiais utilizados pola humanidade, os metais son uns compañeiros inseparábeis.
Non só polo seu pasado (chegaron a dar o nome a varias épocas vividas pola humanidade como "A idade do bronce e a do ferro") tamén na actualidade seguen sendo materiais cotiáns pola súa resistencia en estruturas e polas súas propiedades eléctricas, físicas ou químicas
Nesta actividade imos coñecer máis a fondo aos metais e ao finalizar saberemos algo máis sobre:
A súa historia
Como se obteñen
As súas propiedades
Como se transforman en obxectos
As súas aplicacións.



O noso traballo será fabricar un obxecto metálico partindo do propio mineral e darlle forma até obter a nosa, por exemplo, tixola.


Necesitaremos saber:


·         A historia do metal do que está feito o obxecto.


·         De que mineral procede.


·         Que propiedades o fan especial entre os metais.


·         Que aplicacións ten


·         Se se pode reciclar


O traballo final será unha presentación en libreoffice impress (*) e farémolo en grupos de dúas persoas, que se encargarán de


  • estudar a historia do metal e de que mineral procede.


  • investigar as propiedades dos metais en xeral e as particularidades de cada un.  


  •  pescudar como se transforma o mineral en metal e o metal en obxecto.  


    A presentación dixital farédela entre os dous


TAREFAS
1º. O primeiro será pórse de acordo para repartir o traballo


2º. Ter claro que obxecto temos que fabricar co metal que nos tocou :





METAL
OBXECTO
COBRE
CABLE  ELÉCTRICO
FERRO
TIXOLA
OURO
ANEL
PRATA
MOEDA
ALUMINIO
PERFIL DE VENTÁ
CINC
CALDEIRO
ESTAÑO
LATA DE CONSERVA



3º Elaborar unha presentación cun mínimo de 3 diapositivas,coa que haberá que explicar á clase o traballo que fixemos.  
Para realizar  o proceso debes consultar "RECURSOS" onde atoparás todos os recursos necesarios para elaborar un bo traballo.
Tamén vos recomendo que miredes "AVALIACIÓN", pois veñen todos os indicadores para avaliar o traballo  .


RECURSOS





AVALIACIÓN


1ª PARTE.TRABALLO impreso


INDICADOR
PUNTOS
Fala da historia do metal
1
Indica o mineral de que procede
1
Indica como se realiza a minería
1
Describe que é a ganga e a mena
1
Indica as propiedades dos metais
1
Comenta como se transforma o mineral
1
Explica como se fabrica o obxecto
1
Fala dos usos do metal
1
Aclara se o metal é reciclable
1
A presentación do traballo é coherente
1
Total
10



2ª PARTE.PRESENTACIÓN DO TRABALLO NA CLASE


INDICADOR
PUNTOS
Participan todos os membros do grupo
1
Utilizan un vocabulario adecuado
1
As explicacións son claras
1
Fan referencia aos metais en xeral
1
Céntranse no seu metal correspondente
1
Teñen tres diapositivas
1
Teñen cinco ou máis diapositivas
1
A presentación é clara (tamaño, cores)
1
Inclúen fotos, gráficos ou debuxos
1
Utilizan transicións entre diapositivas
1
Total
10



(*) 
De necesitarmos practicar co Impress, podemos acceder a esta ligazón con explicacións e exercicios
De querermos só un pequeno repaso, temos esta ligazón