En "La Voz..." do 29 de abril vinha esta noticia, acaída ao tema de seguridade informática que estamos a ver. Léa e fai un comentario.
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2015/04/29/mafias-internacionales-dirigen-ataques-ordenadores-empresas/0003_201504G29P2991.htm
Tamén me chegou ao correo a seguinte mensaxe, avisándome e recordándome as medidas de seguridade que podo tomar
Estimado/a usuario/a:
Nas últimas semanas estanse recibindo, a través do correo electrónico,
unha serie de mensaxes fraudulentas, que conteñen un software malicioso
de tipo “Ransomware”. Trátase de variantes dun mesmo virus que se
modifican a diario e que en determinados casos poden pasar os filtros de
correo e non ser detectado polo antivirus.
Estes virus cifran os arquivos de datos do seu posto de traballo e dos
sistemas de ficheiros compartidos, deixándoos inaccesibles e
solicitándolle un rescate ou pago para recuperar os arquivos
modificados.
Se vostede recibe un correo sospeitoso, que contén un ficheiro adxunto
ou unha ligazón sospeitosa, non o abra. O máis recomendable é borralo
ou, en todo caso, comprobar se o remitente realmente llo enviou a
vostede. En caso contrario, bórreo definitivamente.
Recomendámoslle tamén, desconfiar dos correos electrónicos dun remitente
descoñecido que conteñan enlaces a páxinas web externas, non debendo
pinchar nos enlaces se o correo é sospeitoso. Desde a Xunta de Galicia,
nunca se lle han solicitar as súas credenciais (usuario e contrasinal)
por correo electrónico. Así mesmo, outras entidades (entidades
bancarias, Administracións Públicas, etc.) non lle solicitarán
credenciais de acceso por correo electrónico. Ante a dúbida, comprobe
que o remitente dun correo é quen realmente di ser e non se trate dunha
suplantación de identidade.
Máis información no sitio temático Navega con Rumbo no Portal Educativo da Consellería de Cultura, Educación e O.U.
En lendo os dous documentos, que conclusións tiras? Que medidas de seguridade podes tomar?
Sem comentários:
Enviar um comentário