Autobuses
eléctricos?
A automoción é
unha das causas máis grandes de degradación ambiental nas cidades
(ruídos, fumes). Para corrixilo, cómpre limitar o acceso do
transporte privado (autos individuais) e potenciar o transporte
público polos núcleos urbanos.
Dentro dese
transporte,os motores eléctricos teñen claras vantaxes sobre os motores de combustión:
-son silenciosos
-pode funcionar con
baterías (evitamos os cables) e podemos recargar as baterías con
enerxías renovábeis (paneis fotovoltáicos)
Na foto aparece un
modelo que recarga as baterías en 15 segundos nas paradas dos
apeadeiros, que ademáis poderían dispor dos seus propios paneis solares (http://www.ecoportal.net...)
Canto máis vai
durar o negocio do petróleo?
Cando poderemos
gozar deste e outros moitos inventos que poden aproveitar a enerxía
solar sen pasar por un contador (límite máis forte que ten hoxe a
extensión do uso das enerxías renovábeis)
Sem comentários:
Enviar um comentário