Autobuses
eléctricos?
A automoción é
unha das causas máis grandes de degradación ambiental nas cidades
(ruídos, fumes). Para corrixilo, cómpre limitar o acceso do
transporte privado (autos individuais) e potenciar o transporte
público polos núcleos urbanos.
Dentro dese
transporte,os motores eléctricos teñen claras vantaxes sobre os motores de combustión:
-son silenciosos
-pode funcionar con
baterías (evitamos os cables) e podemos recargar as baterías con
enerxías renovábeis (paneis fotovoltáicos)

-non
botan fumes
Na foto aparece un
modelo que recarga as baterías en 15 segundos nas paradas dos
apeadeiros, que ademáis poderían dispor dos seus propios paneis solares
(http://www.ecoportal.net...)
Canto máis vai
durar o negocio do petróleo?
Cando poderemos
gozar deste e outros moitos inventos que poden aproveitar a enerxía
solar sen pasar por un contador (límite máis forte que ten hoxe a
extensión do uso das enerxías renovábeis)