30/12/2014

Ola. Retomamos con cariño o curso neste comezo de ano e seguimos co tema de audio.
Logo de resolver convenientemente o traballo sobre os  formatos máis usuais, imos practicar cun editor de son , o audacity. Para iso efectuaredes unhas prácticas que  me mandaredes por correo en formato mp3
Tedes axuda nesta ligazón
 
Práctica 1
Gravar a túa voz: “Coido que non vou aprobar informática. Estou triste”
Mandarma como práctica “desesperad@”

Práctica 2
Cortar o “non” e poñelo para que quede “...Non estou triste”
Mandarma como “esperanzad@”

Práctica 3
Recitar e gravar un poema (mínimo 10 versos).
Mandarmo como “poema”

Práctica 4
Colle un tema musical instrumental acaído para o poema (aconsellable Milladoiro, Paco Barreiro,...)
Mandarmo como “instrumental”

Práctica 5
Crea un documento co poema e a música en pistas separadas
Traballa o proxecto con distintas ferramentas ( envolvente, amplificar,...) antes de enviarmo co título “poema con música”
Atención: non te desfagas do documento .aup por se tes que reelaboralo

Práctica 6
Para que serven as seguintes ferramentas:
Fade in
Fade out
Cambiar a velocidade
Cambiar o tempo
Eco
Wah-wah
Mándamo como “efectos” nun documento de texto

Práctica 7

O obxectivo é facerdes unha cuña publicitaria . Podes escoller entre os seguintes temas:
Un anuncio para unha campaña que promova o abandono e prevención do tabaco.
Un anuncio para unha campaña de prevención da violencia de xénero.
Un anuncio para unha campaña para a prevención do acoso escolar.
A cuña ten que ter un tempo mínimo de 20 segundos e un máximo de 30.
1.Debes seleccionar a túa canción e abrila con Audacity.
2.Redacta por escrito nunha folla aparte o texto que vas usar para a cuña.
3.Grava o audio coa túa voz para a música . Se sobra música, recorta o tramo final da pista en cuestión para que a duración da cuña se axuste ao solicitado.
4.Cando se reproduza ouvirase o audio e a música de fondo. Se fai falta baixa o nivel do audio da música e sobe o da túa voz coa opción Amplificar
5.Cando entre a túa voz debe baixar o volume da música automaticamente
con axuda da ferramenta envolvente e ao acabar a voz debe volver subir o volume da música.
6.Ao final debe diminuír de forma progresiva o tramo final de música
Mandádemo como “cuña”



Sem comentários: