Lede
a seguinte fábula.
Un día, a man esquerda dixo
confidencialmente á man dereita: ? Mira, nós
traballamos todo o día mentres o
estómago non fai nada .
As pernas escoitaron e dixeron: ? Tes
razón, nós tamén estamos cansas camiñando todo o día para
comprarlle alimento ao estómago e
el só dixire sen facer nada para conseguilo .
Aman dereita gritou: Fagamos
folga. Non lle deamos comida ao estómago .
Entón falou o estómago: Amigos,
vostedes están a pensar mal. Os nosos traballos e as nosas
aptitudes son moi diferentes, pero a
verdade é que dependemos moitísimo os uns
dos outros .
Os brazos gritáronlle: Cala. Iso
son os argumentos dun frouxo. Desde agora non vas comer absolutamente
nada .
Pasaron uns días Ai, que débil me
sinto! , dixo a man esquerda. Eu tamén, non sabes o
cansa que estou
As pernas queixábanse: Nós apenas
nos podemos mover
E todas as partes do corpo dicían o
mesmo. Todos se sentían desfalecer. Entón o estómago falou:
eu tamén me sinto
débil. Se nos alimentamos poderei traballar de novo e todos nos
sentiremos mellor .
E as pernas con moita dificultade
levaron o corpo á mesa. As mans cooperaron e levaron a comida á
boca. Ao pouco as mans exclamaron: xa nos
sentimos mellor . Todos as partes do corpo dicían o
mesmo e entón todos comprenderon que
debían cooperar se querían conservarse con boa saúde.
E o estómago comprendeu que el depende
do traballo de todos e que debe repartir por igual todo o que chegue
a el.
Hai moitas partes e un só corpo.
Cando un sofre todos sofren con el e cando un recibe atención, todos
se alegran con el.
Que vos suxire a lectura do conto
anterior respecto do voso funcionamento como grupo-clase?
A continuación, reflexiona e responde
ás seguintes cuestións:
1. Cres que son necesarias unhas normas
de convivencia? Por que?
2. Como vos gustarían que fosen as
relacións entre vós/as?
3. Que obrigacións debedes manter para
que a vosa aula sexa un espazo agradable?
4. Que responsabilidades ides asumir
para que isto sexa así?
5. Como se resolverán os conflitos que
poidan xurdir na vosa convivencia diaria?
6. Que cousas non podemos permitir que
pasen
2 comentários:
Para acceder aos comentarios, necesitase unha conta gmail
1. Cres que son necesarias unhas normas de convivencia? Por que?
Si.
Porque se non, todos rematarían por matarse. Temos que ter convivencia. é moi necesaria.
2. Como vos gustarían que fosen as relacións entre vós/as?
Gustaríame que fósemos todos amigos, riamos e comportémonos como vós alumnos e compañeiros.
3. Que obrigacións debedes manter para que a vosa aula sexa un espazo agradable?
Respetarnos, comportarnos e axudar e compartir as cousas.
4. Que responsabilidades ides asumir para que isto sexa así?
Eu poño o meu granito de arena. Se todos o pomos, o conseguiremos.
5. Como se resolverán os conflitos que poidan xurdir na vosa convivencia diaria?
Falalo, non golpearse. Pórse no lugar do compañeiro e respetarse.
6. Que cousas non podemos permitir que pasen?
Non respetarnos, insultarnos, sen compartir as cousas e odiarnos uns aos outros.
Enviar um comentário