23/01/2014

ENLACES PARA O TEMA DA MADEIRA 2º eso 2013-14


INFORMACIÓNS XERAIS
QUE É, COMPOSICIÓN, ESTRUTURA E OBTENCIÓN:
PROPIEDADES:
DEFECTOS:
TIPOS, DERIVADOS DA MADEIRA E PRESENTACIÓN COMERCIAL:
 http://www.bricopage.com/tiposmadera.htm
UNIÓNS EN MADEIRA. FERRAMENTAS PARA TRABALLAR A MADEIRA:
USOS E APLICACIÓNS.O traballo coa madeira

21/01/2014


Lede a seguinte fábula.

Un día, a man esquerda dixo confidencialmente á man dereita: ? Mira, nós
traballamos todo o día mentres o estómago non fai nada .
As pernas escoitaron e dixeron: ? Tes razón, nós tamén estamos cansas camiñando todo o día para
comprarlle alimento ao estómago e el só dixire sen facer nada para conseguilo .
Aman dereita gritou: Fagamos folga. Non lle deamos comida ao estómago .
Entón falou o estómago: Amigos, vostedes están a pensar mal. Os nosos traballos e as nosas
aptitudes son moi diferentes, pero a verdade é que dependemos moitísimo os uns
dos outros .
Os brazos gritáronlle: Cala. Iso son os argumentos dun frouxo. Desde agora non vas comer absolutamente nada .
Pasaron uns días Ai, que débil me sinto! , dixo a man esquerda. Eu tamén, non sabes o cansa que estou
As pernas queixábanse: Nós apenas nos podemos mover
E todas as partes do corpo dicían o mesmo. Todos se sentían desfalecer. Entón o estómago falou:
eu tamén me sinto débil. Se nos alimentamos poderei traballar de novo e todos nos sentiremos mellor .
E as pernas con moita dificultade levaron o corpo á mesa. As mans cooperaron e levaron a comida á boca. Ao pouco as mans exclamaron: xa nos sentimos mellor . Todos as partes do corpo dicían o
mesmo e entón todos comprenderon que debían cooperar se querían conservarse con boa saúde.
E o estómago comprendeu que el depende do traballo de todos e que debe repartir por igual todo o que chegue a el.
Hai moitas partes e un só corpo. Cando un sofre todos sofren con el e cando un recibe atención, todos se alegran con el.


Que vos suxire a lectura do conto anterior respecto do voso funcionamento como grupo-clase?


A continuación, reflexiona e responde ás seguintes cuestións:
1. Cres que son necesarias unhas normas de convivencia? Por que?
2. Como vos gustarían que fosen as relacións entre vós/as?
3. Que obrigacións debedes manter para que a vosa aula sexa un espazo agradable?
4. Que responsabilidades ides asumir para que isto sexa así?
5. Como se resolverán os conflitos que poidan xurdir na vosa convivencia diaria?
6. Que cousas non podemos permitir que pasen
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós galegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.

Cando foi, iba sorrindo,
cando ven, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito

Aquel máis que neve branco,
aquel de dozuras cheo,
aquel por quen eu vivía
e sen quen vivir non quero.

Foi a Castilla por pan
e saramagos lle deron;
déronlle fel por bebida.
peniñas por alimento.

Déronlle, en fin, canto amargo
ten a vida no seu seo…
¡Casteláns, casteláns,
tendes corazón de fero!

¡Ai!, no meu corazonciño
xa non pode haber contento,
que está de dolor ferido,
que está de loito cuberto.

Morreu aquel que eu quería
e para min non hai consolo:
so hai para min, Castilla,
a mala lei que che teño.

Permita Deus, casteláns,
casteláns que aborrezo,
que antes os galegos morran
que ir a pedirvos sustento.

Pois tan mal corazón tendes,
secos fillos do deserto,
que se amargo pan vos gañan,
dádesllo envolto en venero.

Aló van, malpocadiños,
todos de esperanzas cheos,
e volven, ¡ai!, sen ventura
cun caudal de desprezos.

Van probes e tornan probes,
van sans e tornan enfermos,
que anque eles son como rosas,
tratádelos como negros.

¡Casteláns de Castela,
tendes corazón de aceiro,
alma coma as penas dura,
e sen entrañas o peito!

En tros de palla sentados,
sen fundamentos, soberbios,
pensas que os nosos filliños
para servirvos naceron.

E nunca tan torpe idea,
tan criminal pensamento
coubo en máis fatuas cabezas
ni en máis fatuos sentimentos.

Que Castela e Casteláns,
todos nun montón, a eito,
non valen o que unha herbiña
destes nosos campos frescos.

Só pezoñosas charcas
detidas no ardente solo
tes, Castela, que humedezan
eses teus labios sedentos.

Que o mar deixoute esquecida
e lonxe de ti correron
as brandas augas que traen
de plantas sen sementeiros.

Nin árbores que dean sombra,
nin sombra que preste alento…
Chaira e sempre chaira,
deserto e sempre deserto…

Esto che tocou, coitada,
por herdanza no universo,
¡miserable fanfurriñeira!,
triste herdanza foi por certo.

En verdade non hai, Castela,
nada coma ti tan feo,
que aínda mellor que Castela
valera dicir inferno.

¿Por que aló fuches, meu ben?
¡Nunca tal houberas feito!
¡Trocar campiños floridos
por tristes campos sen rego!

¡Trocar tan claras fontiñas,
ríos tan murmuradores
por seco polbo que nunca
mollan as bágoas do ceo!

Mais, ¡ai!, de onda min te fuches
sen dó do meu sentimento,
e aló a vida che quitaron ,
aló a mortiña che deron.

Morriches, meu queridiño,
e para min non hai consolo,
que onde antes te vía, agora,
xa solo unta tomba vexo.

Triste como a mesma noite,
farto de dolor o peito,
pídolle a Deus que me mate,
porque xa vivir non quero.

Mais en tanto non me mata,
casteláns que aborrezo,
hei, para vergonza,
heivos de cantar xemendo:
¡Casteláns de Castela,
tratade ben ós galegos:
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros!


Enlaces relacionados 

20/01/2014

O coltán






Arredor dos minerais ( e das materias primas en xeral) técese unha rede de intereses da que nos chega pouca información. Moitos conflitos, disfrazados de defensa das liberdades, ou de conflitos étnicos, agochan realmente intereses económicos polo control de recursos.
Informarnos por distintas fontes é un esforzo, un traballo que nos permite obter unha opinión máis libre para tomar decisións



Neste caso imos buscar información sobre un recurso mineral:
 O coltán
O coltán responde á abreviatura de dous minerais: a columbita (coñecida tamén como niobita ou ferrocolumbita) e a tantalita, minerais que contén este tipo de rocha. Destes minerais extráense dous metais de importancia vital na sociedade actual: o tántalo (Ta) e o niobio (Nb) ou columbio.









ACTIVIDADES
ACTIVIDADE 1: Que dous minerais se extraen do coltán?
ACTIVIDADE 2: Cales son os países produtores? E os consumidores?
ACTIVIDADE 3: Cales son as aplicacións de uso do coltán? Cita 4.
ACTIVIDADE 4: Cales son as propiedades do coltán?
ACTIVIDADE 5: Cal é o país que máis coltán posúe do mundo? Que % posúe?
ACTIVIDADE 6: Resume o conflito producido polo coltán.






TAREFAS
Pasos que se suxiren para levar a cabo a tarefa:
- Formar grupos de dous alumnos/as.
- Ao finalizar a clase terase que entregar por escrito unha folla de papel coa solución das tarefas propostas.
- Deben realizarse a man e en papel DIN A4. Coida a presentación, utiliza cores, deixa marxes, e enumera as follas.
- Para a realización das tarefas utilizade as ligazóns que se facilitan na pestana de enlaces.




Enlaces:














Avaliación
    A cooperación e participación activa do grupo de traballo.
    A puntualidade e responsabilidade na presentación das tarefas.
    A correcta resolución das tarefas.
    Se o atopado é exactamente o que se preguntaba.
    As respostas son claras, concisas e sábese explicar con detemento.



Actividade tirada de http://www.webquest.es/wq/coltan-tecnologia-y-sociedad#sthash.zIs1K4YQ.dpuf









13/01/2014