A ENERXÍA SOLAR TÉRMICA
Introdución:
A enerxía solar térmica ou enerxía
termosolar consiste no aproveitamento da enerxía do Sol para
producir calor que pode aproveitarse para cociñar alimentos ou para
a produción de auga quente destinada ao consumo de auga doméstica,
xa sexa auga quente sanitaria, calefacción, ou para
produción de enerxía mecánica e, a partir dela, de enerxía
eléctrica. Adicionalmente pode empregarse para alimentar unha
máquina de refrixeración por absorción, que emprega calor
en lugar de electricidade para producir frío co que se pode
acondicionar o aire dos locais.
É unha das enerxías renovables do
futuro e por iso debemos coñecer o seu funcionamento e elementos
necesarios ao máximo.
Debes responder por escrito a estas
preguntas:
1. En que consiste a enerxía solar
térmica?
2. Cal é a diferenza coa solar
fotovoltáica?
3. Que elementos son necesarios para o
seu funcionamento.
4. Describe cada un dos elementos da
instalación.
5. Como farías unha instalación dunha
vivenda no campo? Con que elementos.
6. Tipos de instalacións de enerxía
solar térmica nun edificio de vivendas.
Busca información na seguinte orde,
aínda que podes facelo á túa maneira:
1. Que é a enerxía solar térmica.
2. Os materiais e elementos
electromecánicos que conforman unha instalación simple.
3. Como é cada elemento. Material,
localización na instalación, tipoloxías, funcionamento, para que
serve, etc.
4. Tipos de instalacións segundo o
tipo de vivenda ou local ao que se usa, segundo o número de persoas
que a usen.
5. A medida que busques, crea o
documento de word e vas engadindo a información no seu lugar.
Enlaces
1:
Enlace 2:
Enlace 3:
Enlace 4:
Enlace 5:
Enlace 6:
Enlace 7:
Puntuarase o traballo tendo en conta o
seguinte:
1. Faltas de ortografía.
2. A información aparecerá coas vosas
palabras, non con copia e pega.
3. A riqueza no documento (imagenes,
ligazóns a webs) a parte do texto.
4. A claridade da información.
5. Que a información que se dá
corresponda co preguntado.
Sem comentários:
Enviar um comentário