22/04/2013
17/04/2013
ENERXÍAS RENOVABLES 4ºESO
- As enerxías renovábeis non producen emisións de CO2 e outros gases contaminantes á atmosfera
- As enerxías renovábeis non xeran residuos de difícil tratamento
- As enerxías renovábeis son inesgotábeis
- As enerxías renovábeis son autóctonas e evitan a dependencia exterior
- As enerxías renovábeis crean cinco veces máis postos de traballo que as convencionais
- As enerxías renovábeis contribúen ó equilibrio interterritorial porque poden instalarse en zonas rurais
- As enerxías renovábeis permitiron que desenvolveramos tecnoloxías propias
Facedes grupos de catro alumnos-as e preparades un cartaz para imprimir (texto e imaxes; A3) para cada un dos sete puntos indicados.
Valorarei a claridade na organización e na exposición da información (evitar copiar e colar)
Podedes revisar os enlaces que aparecen noutras entradas sobre enerxía, buscar información pola vosa conta ou probar con algunha das que vos vou poñendo aquí
http://www.solarweb.net/directorio/c/15/empresas-energia-solar-galicia-p1.html
http://www.usc.es/econo/RGE/Vol19_1/castelan/art5c.pdf
As enerxías renovables en Galicia (cursoblogadministrador05)
Cooperativas e enerxías renovábeis
16/04/2013
Se queremos inserir dentro dunha entrada un código HTML para poder copialo cando faga falta, podemos recorrer a un sitio como Blogcrowds no cal só debemos pegar o código que desexamos mostrar, presionamos procesar e devólvenos o código que debemos colar na entrada.
Inserir Flash no blog (arquivos SWF) é relativamente sinxelo.
Para incluír SWF no noso blog, debemos copiar o código que vén a continuación no apartado de HTML da nosa noticia do blog , substituíndo nos dous lugares onde pon: DIRECCIÓN DO SWF pola dirección onde se atopa o arquivo:
<object id="movie" type="application/x-shockwave-flash" data="DIRECCION DO SWF" width="500" height="400"><param name="movie" value="DIRECCION DO SWF"><param name="wmode" value="transparent"></object>
<object id="movie" type="application/x-shockwave-flash" data="DIRECCION DO SWF" width="500" height="400"><param name="movie" value="DIRECCION DO SWF"><param name="wmode" value="transparent"></object>
14/04/2013
Motores
de combustión interna (4º ESO)
Introdución:
A calor pode aproveitarse para producir
unha tarefa útil: mover unha máquina, arrefriar ou quentar
alimentos... As máquinas térmicas comezaron a usarse
masivamente tras a revolución industrial (século XVIII) e agora son
imprescindibles na nosa vida diaria.
A pesar do seu baixo rendemento (O
rendemento dun motor de combustión interna está entre o 20% e o 30%
dun motor de gasolina tipo Otto, e do 30% ao 45% dun motor Diésel),
unha das máquinas térmicas amplamente utilizada na vida cotiá é o
motor de combustión interna, motores térmicos que utilizan a
enerxía química almacenada nun combustible que ao queimarse se
transforma en enerxía térmica. Unha parte desa enerxía térmica ou
calor xerada é empregada en quentar o gas resultante da combustión,
o que fará que se expanda rapidamente e sexa capaz de causar o
movemento dun mecanismo que transformará e transmitirá ese
movemento (enerxía mecánica)
Tarefa:
Realizaremos unha tarefa de
investigación sobre distintos tipos de motores de combustión
interna
Proceso:
Dividímonos en grupos de 2 alumnos
para realizar os traballos. Cada grupo elixirá un dos motores de
combustión interna da listaxe
- Otto de 2 tempos
- Otto de 4 tempos
- Diésel de 2 tempos
- Diésel de 4 tempos
- Wankel
- A reacción: turbohélice
- A reacción: turborreactor
- A reacción: turbofan
Realizarase unha presentación con
texto, esquemas, ilustracións e vídeos que contemplen os apartados
especificados no seguinte guión:
Partes compoñentes.
Funcionamento.
Combustible utilizado.
Vantaxes e inconvenientes.
Aplicacións.
O traballo elaborado remitirase por
correo electrónico ao profesor en formato dixital como arquivo
adxunto. O último día cada grupo exporá ao resto da clase a
presentación feita, de maneira que entre todos coñezamos os
distintos tipos, o funcionamento e as partes destes motores de
combustión interna.
Recursos:
De maneira xeral nas webs:
-
Se elixistes o motor de combustión interna Otto de 2 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Otto de 4 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Diésel de 2 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Diésel de 4 tempos:
Se elixistes o motor
de combustión interna Wankel:
Se elixistes o motor
de reacción turbofan:
Se elixistes o motor
de reacción turbohélice:
Se elixistes o motor
de reacción turborreactor:
Avaliación:
O documento realizado suporá un 70%
do total da nota do exercicio. Valorarase a orde e a claridade dos
contidos, así como o grao de información recompilado.
O outro 30% da nota da actividade será
da presentación en clase. Recoméndase resumir todo o consultado
para citar só os conceptos imprescindibles que fagan que os vosos
compañeiros comprendan o funcionamento dese motor. Valorarase tamén
a coordinación do grupo durante a exposición.
10/04/2013
ENERXÍAS RENOVABLES 3º
INTRODUCIÓN
A enerxía é a forza vital da nosa
sociedade. Dela dependen a iluminación de interiores e exteriores, o
quecemento e refrixeración das nosas casas, o transporte de persoas
e mercadorías, a obtención de alimento e a súa preparación, o
funcionamento das fábricas, etc.
O consumo enerxético incrementouse nos últimos cen anos, á vez que o facían os conflitos por apropiarse dos recursos . A consecuencia xa a coñecemos: guerras e inxustizas, esgotamento dos recursos fósiles (carbón e petróleo), contaminación das augas, da terra e do aire,...
Todos estes aspectos fan necesario
reformularse a situación actual e usar fontes de enerxía locais, accesibles para todo o mundo e que respecten o medio. E agora imos coñecelas un pouco mellor coas seguintes tarefas
TAREFA
A tarefa a realizar é un traballo de
investigación sobre cada unha das enerxías renovables, elaborando
un proxecto escrito e unha presentación en clase. Todos os traballos
deberán ter, como mínimo, os seguintes puntos desenvolvidos:
- Xeneralidades da enerxía
alternativa
· Que é?
· Que a produce?
· Observacións
- Descrición do proceso de
transformación de enerxía primaria a electricidade
· Luz solar ? Electricidade
· Vento ? Electricidade
· Salto de auga ? Electricidade
· Residuos (RSU e FORSU) ?
Electricidade
· Cereais e outros produtos ?
Biocombustibles
.Correntes marinhas e mareas? Electricidade
.Correntes marinhas e mareas? Electricidade
- Lugares de transformación.
Descrición e estudo. Modelos
· Paneis solares fotovoltaicos
· Aeroxeradores
· Centrais Hidroeléctricas. Turbinas
· Centrais de biomasa
· Centrais de produción de
biocombustibles...
- Posibilidades de abastecemento coa
enerxía alternativa elixida
- Potencial de aproveitamento en
Galicia e España. Centros de produción
· Xa instalados (centrais hidráulicas,
parques eólicos, hortas solares...)
· Por instalar
- Comparación coas enerxías non
renovables (carbón, petróleo, gas natural, uranio ).
Vantaxes e inconvenientes de usar enerxías renovables ou non
renovables.
- Conclusións.
- Opinión persoal, son as enerxías
renovables o futuro?
PROCESO
1) Constitución do grupo: Organización
en grupos de tres alumnos.
2) Repartición de tarefas: Cada alumno
farase cargo de buscar información sobre un terzo das cuestións
indicadas en TAREFA para cada grupo. A presentación farase de
maneira conxunta, tanto a de clase como as ferramentas de apoio á
presentación
3) Procura de información: Cada membro
do grupo buscará a información das cuestións que lle foron
asignadas na web, bibliografía... Esta información irá sendo
recollida de forma ordenada para a súa posterior elaboración.
4) Posta en común dos resultados da
procura: O tres membros do grupo exporán aos seus compañeiros os
resultados da súa procura particular, decidindo de maneira conxunta
que información (tanto gráfica como textual) pasa a formar parte do
traballo e cal se desbota.
5) Confección final do traballo:
Seguindo o guión indicado na TAREFA, confeccionarase o proxecto
escrito. Como se dixo anteriormente, a presentación en clase
realizarase de forma conxunta polo tres alumnos de cada grupo.
RECURSOS
- Enciclopedias convencionais e
multimedia (exemplo: Wikipedia).
- Bibliografía e documentación
escrita da biblioteca e departamentos (relacionados coa temática do
traballo) do propio centro.
- Buscadores e metabuscadores de
internet. Algúns exemplos:
· http://www.google.es/
· http://www.buscamultiple.com/
· Moitos máis exemplos buscando en
rede buscadores e metabuscadores.
- Páxinas web interesantes. Algúns
links que vos poden axudar:
· www.idae.es/ Instituto para a
Diversificación e Aforro de Enerxía. España.
· www.renewablepowers.blogspot.com/
Blog sobre Enerxías Renovables
· http://www.energias-renovables.com/
O xornalismo das enerxías limpas
· www.erenovable.com/
. http://www.ecoticias.com/
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/huellaecologica.htm
. http://www.ecoticias.com/
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/largoviaje/huellaecologica.htm
sobre electricidade no estado español (produción, transporte, pegada ecolóxica,...)
. http://www.idae.es/, enerxías renovables e eficiencia enerxética
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/esquemas/esquemas.htm, funcionamento das distintas centrais eléctricas
. http://www.idae.es/, enerxías renovables e eficiencia enerxética
. http://www.unesa.net/unesa/html/sabereinvestigar/esquemas/esquemas.htm, funcionamento das distintas centrais eléctricas
AVALIACIÓN
A avaliación realizarase en función
dos seguintes criterios:
- Profundización no desenvolvemento
dos puntos propostos para o traballo.
- Utilización dos enlaces propostos
- Nivel de síntese e asimilación da
información obtida
- Presentación en clase ( dominio do que se está falando, coordinación cos compañeiros, calidade do material de apoio usado na exposición)
BOA SORTE!
CONCLUSIÓN
Unha vez finalizado os traballos e
expostos en clase abrirase un debate entre todos. A mesa redonda tratará sobre as dificultades
atopadas na elaboración dos traballos e como se resolveu. Así mesmo
abrirase un debate sobre as enerxías renovables.
Esperemos que este traballo sirva para coñecer as enerxías renovables e ter un criterio máis documentado sobre elas
09/04/2013
A ENERXÍA SOLAR TÉRMICA
Introdución:
A enerxía solar térmica ou enerxía
termosolar consiste no aproveitamento da enerxía do Sol para
producir calor que pode aproveitarse para cociñar alimentos ou para
a produción de auga quente destinada ao consumo de auga doméstica,
xa sexa auga quente sanitaria, calefacción, ou para
produción de enerxía mecánica e, a partir dela, de enerxía
eléctrica. Adicionalmente pode empregarse para alimentar unha
máquina de refrixeración por absorción, que emprega calor
en lugar de electricidade para producir frío co que se pode
acondicionar o aire dos locais.
É unha das enerxías renovables do
futuro e por iso debemos coñecer o seu funcionamento e elementos
necesarios ao máximo.
Debes responder por escrito a estas
preguntas:
1. En que consiste a enerxía solar
térmica?
2. Cal é a diferenza coa solar
fotovoltáica?
3. Que elementos son necesarios para o
seu funcionamento.
4. Describe cada un dos elementos da
instalación.
5. Como farías unha instalación dunha
vivenda no campo? Con que elementos.
6. Tipos de instalacións de enerxía
solar térmica nun edificio de vivendas.
Busca información na seguinte orde,
aínda que podes facelo á túa maneira:
1. Que é a enerxía solar térmica.
2. Os materiais e elementos
electromecánicos que conforman unha instalación simple.
3. Como é cada elemento. Material,
localización na instalación, tipoloxías, funcionamento, para que
serve, etc.
4. Tipos de instalacións segundo o
tipo de vivenda ou local ao que se usa, segundo o número de persoas
que a usen.
5. A medida que busques, crea o
documento de word e vas engadindo a información no seu lugar.
Enlaces
1:
Enlace 2:
Enlace 3:
Enlace 4:
Enlace 5:
Enlace 6:
Enlace 7:
Puntuarase o traballo tendo en conta o
seguinte:
1. Faltas de ortografía.
2. A información aparecerá coas vosas
palabras, non con copia e pega.
3. A riqueza no documento (imagenes,
ligazóns a webs) a parte do texto.
4. A claridade da información.
5. Que a información que se dá
corresponda co preguntado.
Subscrever:
Mensagens (Atom)