30/11/2012

SISTEMAS DE NUMERACIÓN
 Sabias que o sistema decimal de numeración non é o único que existe? Hai outros sistemas que se utilizan de cote. Mentres estás xogando ao teu xogo preferido, a computadora está procesando millóns de datos por segundo e eses datos represéntanse por medio do sistema de numeración binario. O obxectivo destas tarefas é que comprendas as diferentes maneiras de representar as cantidades.

Tarefa
Deberanse realizar dúas tarefas; a primeira consiste na realización dunha serie de pasatempos sobre sistemas de numeración para que sexan resoltos polos outros grupos, a partir da información obtida utilizando os recursos dados.

Deseño dos pasatempos Os pasatempos non deberán ser máis de 6 respectando as seguintes pautas.
1) Un pasatempo de conversión de binario a decimal.
2) Un pasatempo de conversión de decimal a binario.
3) Un pasatempo de conversión directa, de binario a hexadecimal
4) Un pasatempo de conversión directa, de octal a binario.
5) Un pasatempo de conversión de base a cinco a base tres.
6) Un pasatempo de suma de números binarios.
A segunda tarefa consiste na creación dun sistema de numeración propio definindo as súas regras e símbolos. Este número deberá ser convertido a decimal polos grupos restantes. O tempo límite para realizar a tarefa é de 5 clases.

Proceso
Para empezar o grupo dividirase en subgrupos . Cada subgrupo dividirá os temas que van traballar contando con algúns minutos para a súa organización. Ao cabo dunha clase e media reuniranse para informar e mostrar un a outro o que atopastes utilizando os recursos dados na sección de recursos. Logo de organizar e analizar a información atopada, deberedes realizar os pasatempos e o sistema de numeración propio, que logo será presentada aos outros grupos por medio de Google docs, para que cada grupo poida resolver os pasatempos e por ultimo descubrir o número propio de cada grupo.

Recursos
http://platea.pntic.mec.es/~lgonzale/tic/binarios/numeracion.html

http://www.monografias.com/trabajos26/suma-binarios/suma-binarios.shtml

  http://es.wikipedia.org/wiki/Sistema_de_numeraci%C3%B3n

  http://www.luventicus.org/articulos/02A035/index.html

http://thales.cica.es/rd/Recursos/rd97/Otros/SISTNUM.html

http://www.youtube.com/watch?v=c7f8AlwNEX4

http://www.youtube.com/watch?v=a0fXNoG8tEM

Avaliación Para a avaliación da tarefa teranse en conta os seguintes aspectos:
Activa participación de todos os integrantes do grupo.
Creatividade na realización do sistema de numeración propio.
Calidade dos pasatempos

Conclusión O sistema de numeración non son máis que un conxunto de símbolos e regras que representan cantidades, os mais coñecidos son o binario (base 2), octal (base 8), decimal (base 10) e hexadecimal (base 16)

Sem comentários: