06/03/2010

"Carta dunha nai"

Queridos todos: Voume. Volverei cando saibades onde están gardadas as bólas de naftalina, cando a nosa casa xa non teña segredos para ningún de vós, cando sexades capaces de descifrar os códigos dos botóns da lavadora, cando logredes reprimir o impulso de chamarme a berros se se acaba a pasta de dentes ou o papel hixiénico. Volverei cando esteades dispostos a levar comigo a coroa de raíña da casa. Cando non me necesitedes máis que para compartir.

Xa sei que me botaredes de menos, estou segura. Tamén eu a vós, pero só desaparecendo poderei encher os ocos que o voso agarimo me produce... Só poderei estar segura de que verdadeiramente me queredes cando non teñades necesidade de min para comer ou para vestirvos ou para lavarvos ou para atopar as tesoiras. Xa non quero ser a raíña da casa, estou farta, canseime de tan grande responsabilidade e caín na conta de que se sigo xogando o papel de nai súper non lograrei inculcarvos máis que unha mentalidade de súbditos. E eu quérovos libres e moderadamente suficientes e autónomos.

Xa sei que o voso comportamento comigo non é máis que un deixarse levar pola miña rutina; tamén por iso quero pór terra por medio. Se quedo, seguirei a porvos todo ao alcance da man, xogando o meu papel de omnipresente para que me queirades máis.

Si, para que me queirades máis. Deime conta de que todo o que fago é para que me queirades máis, e iso paréceme tan perigoso para vós como para min. É unha trampa para todos.

Palabra de honra que non me vou por cansazo, aínda que sexa unha lata durmirse todas as noites pensando na comida do día seguinte e facer a compra ás presas cando vés do traballo e, a longo prazo, pesa moito a teima de ver sempre un veo de po nos mobles cando sento un intre no sofá, e a perenne atracción cara á baeta e a cera.
Pero non é só por iso. Non. Tampouco me vou porque estea farta de pór a lavadora mentres me desabrocho o abrigo nin porque queira estar máis libre para facer carreira no meu traballo. Non. Hai xa moito tempo que tiven que elixir unha perpetua interinidade na miña profesión porque non podía compatibilizar unha maior dedicación mental ao traballo profesional coa lista da compra. Voume para ensinarvos a compartir, pero sobre todo voume para ver se aprendo a delegar.

Porque se o consigo, non volverei nunca máis a sentirme culpable cando non saquedes notas brillantes ou cando se queimen as lentellas ou cando algún non teña camisa que porse.

A culpa de que sexa imprescindible en casa é só miña, así que en desaparecendo eu por uns días, darédesvos conta vós de que a monarquía doméstica é facilmente derrocable e quizá eu poida aprender a humildade necesaria para ser, cando volva, unha máis entre a plebe.

Cando atopedes a naftalina non deixedes de avisarme. Seguro que para entón eu tamén aprendería a non ser tan excesivamente boa. Pode ser que ese día non nos queiramos máis, pero seguro que nos quereremos mellor. Bicos. Mamá.

C. de Santos - "Ser Humano"

Que temos que dicir? Despois de ler esta carta e reflexionar, comenta se reproduce unha situación que vives en maior ou menor grao na túa casa e algunha reflexión que se che ocorra.
Repartides na casa as tarefas do fogar? Quen se responsabiliza do coidado das persoas dependentes (fillos ou persoas maiores)? Canto custarían estas tarefas se as fixeran persoas asalariadas?

9 comentários:

fairybea disse...

Paréceme moi ben o que fixo a nai, porque só así aprenderán, tanto os seus fillos como o marido, a valerse por si mesmos.
É verdade que na maioría das casas quen adoita facer case todas as tarefas e quen está máis pendente dos fillos sempre é a muller.
Aínda que xa se mellorou moito neste aspecto, queda moitísimo por mellorar!!!

yolinda disse...

estou dacordo coa decisión da nai!! así sabrán o que e facer as cousas por un mesmo e lle darán máis importancia, e estarán os fillos preparados para cando crezcan a valerse por si mismos!!

todalas mulleres que están nesta situación deverian facer o mesmo!!

SRB SPORT disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
jenny disse...

Gustoume moito a carta. É moi realista. Hoxe en día moitas cousas cambiaron sobre todo desde que comezou a crise económica xa que moitos homes o quedar no paro tiveron que asumir as lavores do fogar mentres as mulleres vanse a traballar.
Pero aínda queda moito que mellorar.

ire valle disse...

E moi realista.Pareceme moi ven o que fixo a nai,asi aprederon oseus fillos e seu marido.

tamii disse...

está moi ben os homes teñen o mesmo dereito

Unknown disse...

pois eu creo que o que pon nesta carta pasa en moitas casas na miña por exemplo non pero coñece xente que lle pasa iso.
eu creo que as mulleres non teñen por que se as criadas dos fillos nin homes porque somos persoas igual que os homes. oxala isto cambie nun futuro non mui lonxano.


nerea estevez de 4º

Unknown disse...

eu creo que os omes aprobeitamonos bastante das mulleres porque elas tamen teñen un posto de traballo coma nos e aparte teñen o peso todo da casa

Anónimo disse...

penso que a nai fixo moi ben e fixo o que tiña que facer. iso pasa en moitas casas