21/10/2015
06/10/2015
Proxecto 2º ESO 2014-15
Comeza un novo curso e en 2º ESO , dentro do taller, desenvolveremos un proxecto doado para aprender manexar as ferramentas (corte, aparafusado,medida, trazado,...). Vai levar un motoriño eléctrico con redutora de velocidade por poleas, e o proxecto vai quedar bastante aberto, a escollerdes entre os que vos propoñen estes tres enlaces
Enlace 1
Enlace 2
Enlace 3
Recordade que debedes presentar un proxecto técnico revisado polo profesor antes de escomenzardes no taller
Os contidos do Proxecto Técnico son os seguintes:
Enlace 2
Enlace 3
Recordade que debedes presentar un proxecto técnico revisado polo profesor antes de escomenzardes no taller
DOCUMENTACIÓN
PROXECTO TÉCNICO
Os contidos do Proxecto Técnico son os seguintes:
Portada
Nome do
proxecto
Nome e
apelidos alumnado do grupo
Índice de
contidos
1.- Memoria
descritiva
2.- Planos
3.- Listaxe
de materiais
4.- Proceso
de fabricación
5.-
Orzamento
6.-
Avaliación do resultado
1. MEMORIA
DESCRITIVA
1.1.
Compoñentes do grupo de traballo
Encargado de material: recolle e obtén o material necesario para
traballar; así mesmo, encárgase de reciclar de maneira adecuada o
sobrante.
Encargado de limpeza: axudado polo resto dos seus compañeiros de
grupo, deberá asegurarse que o posto de traballo queda completamente
limpo.
1.2. Proposta
de traballo (daraa o profesor)
1.3. Condicións
(daraa o profesor)
1.4. Descrición
do funcionamento do obxecto construído
2. PLANOS
2.1. Debuxo do
deseño completo
2.2. Debuxo de
cada peza indicando as súas medidas
2.3. Debuxo dos
esquemas eléctricos.
3. LISTAXE DE
MATERIAIS
Realizarase unha
lista dos materiais empregados
4. PROCESO DE
FABRICACIÓN
Realizarase unha
táboa coas tarefas que se deben de realizar até montar o noso
traballo.
Nº orde | TAREFA | FERRAMENTAS | OBSERVACIÓNS | DURACIÓN |
Algunhas das tarefas
que seguro que hai que realizar son:
Corte das pezas
Tradeado das
pezas
Pegado das pezas
Colocación dos
compoñentes eléctricos
Cableado
(colocación dos cables) dos compoñentes eléctricos
Conexión
(soldadura) dos compoñentes eléctricos
Montaxe do motor
Decoración do
traballo
Pintado....
5. AVALIACIÓN
Neste apartado
faremos unha redacción explicando como quedou o traballo, se é
adecuado, se cumpre as condicións dadas. Explicaremos tamén como
traballou o grupo e se cada membro do mesmo cumpriu coas funcións
encomendadas
Traballo metais 3º ESO 2015-16
OS METAIS
De que árbore veñen as tixolas?
De que árbore veñen as tixolas?
Onde se plantan os parafusos?
De todos os materiais utilizados pola humanidade, os metais son uns compañeiros inseparábeis.
Non só polo seu pasado (chegaron a dar o nome a varias épocas vividas pola humanidade como "A idade do bronce e a do ferro") tamén na actualidade seguen sendo materiais cotiáns pola súa resistencia en estruturas e polas súas propiedades eléctricas, físicas ou químicas
Nesta actividade imos coñecer máis a fondo aos metais e ao finalizar saberemos algo máis sobre:
A súa historia
Como se obteñen
As súas propiedades
Como se transforman en obxectos
As súas aplicacións.
O noso traballo será fabricar un obxecto metálico partindo do propio mineral e darlle forma até obter a nosa, por exemplo, tixola.
Necesitaremos saber:
· A historia do metal do que está feito o obxecto.
· De que mineral procede.
· Que propiedades o fan especial entre os metais.
· Que aplicacións ten
· Se se pode reciclar
O traballo final será unha presentación en libreoffice impress (*) e farémolo en grupos de dúas persoas, que se encargarán de
- estudar a historia do metal e de que mineral procede.
- investigar as propiedades dos metais en xeral e as particularidades de cada un.
- pescudar como se transforma o mineral en metal e o metal en obxecto.
A presentación dixital farédela entre os dous
TAREFAS
1º. O primeiro será porse de acordo para repartir o traballo
2º. Ter claro que obxecto temos que fabricar co metal que nos tocou por sorteo:
METAL
|
OBXECTO
|
COBRE
|
CABLE ELÉCTRICO
|
FERRO
|
TIXOLA
|
OURO
|
ANEL
|
PRATA
|
MOEDA
|
ALUMINIO
|
PERFIL DE VENTÁ
|
CINC
|
CALDEIRO
|
ESTAÑO
|
LATA DE CONSERVA
|
3º. Elaborar un traballo escrito (con computador), que se entregará ao profesor e no que se distingan 3 partes:
- Historia do metal, de que mineral procede e como se obtén. Han de aparecer termos como: minería, ganga, mena...
- Como se clasifican os metais, propiedades dos metais en xeral e as propias do metal que lle toque a cada grupo e por último as aplicacións do devandito metal. Aquí haberá que pór termos como: condutividade, dúctil, férricos, lixeiros...
- Como se transforma o mineral en metal e cal é o posible proceso de fabricación até chegar ao obxecto que corresponde co noso metal e se é reciclable . Os termos que aparecerán son do tipo: forno, laminación, fundición, moldeo...
4º Elaborar unha presentación cun mínimo de 3 diapositivas,coa que haberá que explicar á clase o traballo que fixemos.
Para realizar o proceso debes consultar "RECURSOS" onde atoparás todos os recursos necesarios para elaborar un bo traballo.
Tamén vos recomendo que miredes "AVALIACIÓN", pois veñen todos os indicadores para avaliar o traballo .
RECURSOS
Aliaxes do ferro : http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1122
Metais en xeral: http://www.estudiantes.info/tecnologia/metales/metales.htm
Fabricación e máis: http://www.librosvivos.net/smtc/homeTC.asp?TemaClave=1122
Video propiedades: http://www.tecnosecundaria.es/index.php?option=com_content&view=article&id=70:propiedades-de-los-metales&catid=60:videos-de-los-metales-1o-eso&Itemid=81
Metais non ferrosos: http://tecnoalex10.blogspot.com.es/
O ciclo do aceiro (da mina ata a reciclaxe dos residuos)
Transformacións da chapa de ferro
A folla de lata e as latas de conservas
http://roble.pntic.mec.es/jprp0006/tecnologia/1eso_recursos/unidad07_los_metales/teoria/teoria0.htm
Técnicas de fabricación con metais 1
Técnicas de fabricación con metais 2
PDF sobre metais (en DROPBOX)
Teoría e exercicios (páx. 4 a 23)
O ciclo do aceiro (da mina ata a reciclaxe dos residuos)
Transformacións da chapa de ferro
A folla de lata e as latas de conservas
http://roble.pntic.mec.es/jprp0006/tecnologia/1eso_recursos/unidad07_los_metales/teoria/teoria0.htm
Técnicas de fabricación con metais 1
Técnicas de fabricación con metais 2
PDF sobre metais (en DROPBOX)
Teoría e exercicios (páx. 4 a 23)
AVALIACIÓN
1ª PARTE.TRABALLO ESCRITO
INDICADOR
|
PUNTOS
|
Fala da historia do metal
|
1
|
Indica o mineral de que procede
|
1
|
Indica como se realiza a minería
|
1
|
Describe que é a ganga e a mena
|
1
|
Indica as propiedades dos metais
|
1
|
Comenta como se transforma o mineral
|
1
|
Explica como se fabrica o obxecto
|
1
|
Fala dos usos do metal
|
1
|
Aclara se o metal é reciclable
|
1
|
A presentación do traballo é coherente
|
1
|
Total
|
10
|
2ª PARTE.PRESENTACIÓN DO TRABALLO NA CLASE
INDICADOR
|
PUNTOS
|
Participan todos os membros do grupo
|
1
|
Utilizan un vocabulario adecuado
|
1
|
As explicacións son claras
|
1
|
Fan referencia aos metais en xeral
|
1
|
Céntranse no seu metal correspondente
|
1
|
Teñen tres diapositivas
|
1
|
Teñen cinco ou máis diapositivas
|
1
|
A presentación é clara (tamaño, cores)
|
1
|
Inclúen fotos, gráficos ou debuxos
|
1
|
Utilizan transicións entre diapositivas
|
1
|
Total
|
10
|
(*)
De necesitarmos practicar co Impress, podemos acceder a esta ligazón con explicacións e exercicios
De querermos só un pequeno repaso, temos esta ligazón
Subscrever:
Mensagens (Atom)