14/10/2014
Máquina de ciclo fixo
Logo de rematardes cos circuítos domésticos imos comezar a deseñar unha máquina de ciclo fixo (4º ESO). Ilustrámolo cunha imaxe de exemplo, mais podedes crear as variantes que vexades. O obxectivo é que unha bola percorra un circuito pechado ininterrumpidamente. Propoño ter a parte mecánica para esta primeira avaliación; pensade que cómpre prever como vai ser o control por se afecta na parte construtiva desta avaliación
Sorte.
Sorte.
Proxecto 3º ESO 1ª avaliación curso 2014-15
PROXECTO TREN DE FEIRA
Deseñar e construír unha atracción de feira do tren do terror, ou infantil, que cumpra as seguintes condicións:
O tren moverase por unha vía. A locomotora terá tres ou catro rodas. De ter tres, a dianteira irá entre os raíles, facendo tope e dirixíndoa.Levará un motor con redutora que collerá a tensión dunhas pistas que poden coincidir coas vías
Os vagóns faranse de materiais lixeiros, como cartón e contrachapado de 3mm. Ha de ter dous vagóns mínimo.
O traxecto disporá dun túnel por onde pasará o tren e o traxecto deberá pasar por algunha ponte feita con estruturas trianguladas con pauciños
O túnel terá un semáforo que, de estar en vermello, parará automaticamente o tren na entrada do túnel. O túnel terá unha iluminación que se acenderá cando vaia entrar o tren e durante todo o seu paso polo túnel
Haberá dous mecanismos para asustar ou sorprender aos pasaxeiros:
Un na saída da caseta , onde aparecerá un boneco ao mover unha panca
O outro queda á vosa elección; debe ser totalmente diferente ao anterior.
Terá un interruptor de toda a atracción
Valorarase a creatividade e orixinalidade
Debedes presentar un proxecto inicial
MEMORIA DO PROXECTO
Debe incluír as seguintes partes, realizando co procesador de textos todo o que se poida e usando o formato indicado para o traballo de investigación.
PORTADA: Nome do proxecto, debuxo representativo ou fotografía e nome dos autores da memoria.
ÍNDICE (cos apartados e páxinas numeradas).
1. MEMORIA
1.1. Memoria descritiva
Breve descrición do proxecto, indicando a súa forma, cor, funcionamento e materiais dos cales esta feito.
1.2 Elección da solución
Incluíndo o cadro que se utilizou para elixir a solución máis apropiada e cal foi a que se elixiu finalmente e porqué.
1.3. Memoria construtiva.
a) Breve descrición da organización e pasos seguidos ordenados para a súa construción na aula taller.
b) Listado de materiais.
c) Listado de ferramentas.
d) Compoñentes do grupo e responsables.
2. PLANOS
a) Plano 1: bosquexos individuais. Cada un debe levar o nome e apelidos do autor e debe incluír os materiais e o mecanismo a utilizar.
b) Plano 2: Esbozo (mínimo 2 vistas).
c) Plano 3: Despezamento (alzado e perfil ou planta de cada unha das pezas que haxa que realizar indicando o nome e cantidade).
d) Mecanismos: alzado, planta e funcionamento.
e) Circuítos eléctricos: esquemas eléctricos, funcionamento e programa de luces a tamaño real.
3. AVALIACIÓN
a) Problemas atopados.
b) Solucións adoptadas.
c) Traballo realizado por cada compoñente: explicade que parte do proxecto realizou cada un de vós e se houbo unha boa organización das tarefas dentro do equipo.
d) Valoración critica persoal. Expresade cada un dos compoñentes do grupo a vosa opinión sobre o proxecto (dificultade, se estades satisfeitos co traballo realizado, se vos gustou ou non e porqué?.).
Data de entrega da memoria: primeiros de novembro
E do proxecto construído (tren ,vías, circuíto eléctrico): 12 decembro

Subscrever:
Mensagens (Atom)