17/06/2013

MOTORES ELÉCTRICOS
Todo empezou grazas ao científico Hans Christian Oersted que comprobou como colocando unha espira ao redor dun compás, se cara a pasar unha corrente pola espira, a agulla do compás (o imán) movíase. Demostrou así, a relación que había entre a electricidade e o magnetismo. Os motores eléctricos son máquinas eléctricas rotatorias. Transforman unha enerxía eléctrica en enerxía mecánica. Teñen múltiples vantaxes, entre as que cabe citar a súa economía, limpeza, comodidade e seguridade de funcionamento, o motor eléctrico substituíu en gran parte a outras fontes de enerxía, tanto na industria coma no transporte, as minas, o comercio, ou o fogar.


O seu funcionamento baséase nas forzas de atracción e repulsión establecidas entre un imán e un fío (bobina) por onde facemos circular unha corrente eléctrica.
 Os motores eléctricos que se utilizan hoxe en día ten moitas espiras chamadas bobinado (de bobinas) no rotor (parte xiratoria) e un imán grande chamado estator colocado na parte fixa do motor arredor do rotor. Tamén hai motores que o seu bobinado o teñen no estator e o rotor sería o imán como
podemos ver na figura do estator de abaixo.


Diego, Jose Antonio e Jose Carlos  4ºESO