16/03/2010

video

Enerxía nuclear

O problema dos residuos
Aviso para a humanidade
A catástrofe de Chernóbil
Residuos nucleares no Atlántico

Os agrocombustibles

Consulta os enlaces que vos propoño para coñecer un pouco da problemática dos agrocombustibles http://www.intermonoxfam.org/cms/HTML/espanol/3464/090123_agrocomb_activ_gal.pdf

08/03/2010



06/03/2010

"Carta dunha nai"

Queridos todos: Voume. Volverei cando saibades onde están gardadas as bólas de naftalina, cando a nosa casa xa non teña segredos para ningún de vós, cando sexades capaces de descifrar os códigos dos botóns da lavadora, cando logredes reprimir o impulso de chamarme a berros se se acaba a pasta de dentes ou o papel hixiénico. Volverei cando esteades dispostos a levar comigo a coroa de raíña da casa. Cando non me necesitedes máis que para compartir.

Xa sei que me botaredes de menos, estou segura. Tamén eu a vós, pero só desaparecendo poderei encher os ocos que o voso agarimo me produce... Só poderei estar segura de que verdadeiramente me queredes cando non teñades necesidade de min para comer ou para vestirvos ou para lavarvos ou para atopar as tesoiras. Xa non quero ser a raíña da casa, estou farta, canseime de tan grande responsabilidade e caín na conta de que se sigo xogando o papel de nai súper non lograrei inculcarvos máis que unha mentalidade de súbditos. E eu quérovos libres e moderadamente suficientes e autónomos.

Xa sei que o voso comportamento comigo non é máis que un deixarse levar pola miña rutina; tamén por iso quero pór terra por medio. Se quedo, seguirei a porvos todo ao alcance da man, xogando o meu papel de omnipresente para que me queirades máis.

Si, para que me queirades máis. Deime conta de que todo o que fago é para que me queirades máis, e iso paréceme tan perigoso para vós como para min. É unha trampa para todos.

Palabra de honra que non me vou por cansazo, aínda que sexa unha lata durmirse todas as noites pensando na comida do día seguinte e facer a compra ás presas cando vés do traballo e, a longo prazo, pesa moito a teima de ver sempre un veo de po nos mobles cando sento un intre no sofá, e a perenne atracción cara á baeta e a cera.
Pero non é só por iso. Non. Tampouco me vou porque estea farta de pór a lavadora mentres me desabrocho o abrigo nin porque queira estar máis libre para facer carreira no meu traballo. Non. Hai xa moito tempo que tiven que elixir unha perpetua interinidade na miña profesión porque non podía compatibilizar unha maior dedicación mental ao traballo profesional coa lista da compra. Voume para ensinarvos a compartir, pero sobre todo voume para ver se aprendo a delegar.

Porque se o consigo, non volverei nunca máis a sentirme culpable cando non saquedes notas brillantes ou cando se queimen as lentellas ou cando algún non teña camisa que porse.

A culpa de que sexa imprescindible en casa é só miña, así que en desaparecendo eu por uns días, darédesvos conta vós de que a monarquía doméstica é facilmente derrocable e quizá eu poida aprender a humildade necesaria para ser, cando volva, unha máis entre a plebe.

Cando atopedes a naftalina non deixedes de avisarme. Seguro que para entón eu tamén aprendería a non ser tan excesivamente boa. Pode ser que ese día non nos queiramos máis, pero seguro que nos quereremos mellor. Bicos. Mamá.

C. de Santos - "Ser Humano"

Que temos que dicir? Despois de ler esta carta e reflexionar, comenta se reproduce unha situación que vives en maior ou menor grao na túa casa e algunha reflexión que se che ocorra.
Repartides na casa as tarefas do fogar? Quen se responsabiliza do coidado das persoas dependentes (fillos ou persoas maiores)? Canto custarían estas tarefas se as fixeran persoas asalariadas?

03/03/2010

Actividades
1.Explica que é un
algoritmo de compresión e a diferencia entre un sinal analóxico e un sinal dixital
2.Para cada formato de son do documento de abaixo busca os seus usos e aplicacións, a relación entre a compresión e a perda de calidade de son e algunha outra característica que che pareza interesante.PROCURA NON COPIAR E COLAR textos
3.Busca que formatos de audio soporta o programa de presentacións que usaches para a práctica anterior (impress ou power point)
Ao final do teu traballo pon os enlaces ás páxinas que usaches

Documento: FORMATOS DE AUDIO
Os arquivos de son con perda son aqueles que usan un algoritmo de compresión con perda,é dicir, un tipo de compresión que representa a información (por exemplo unha canción), pero tentando utilizar para iso unha cantidade menor de información.Isto fai que sexa imposible reconstruir exactamente a información orixinal do arquivo.
Poderase reconstruir tan só unha aproximación á información orixinal que contiña o arquivo.O emprego destes métodos de compresión con perda adoita usarse en información analóxica que quere dixitalizarse, por exemplo imaxes,audio, video, etc. Ademáis ten a gran vantaxe de que obteremos datos dixitalizados que ocupan menos espazo no disco.

Os arquivos de son sen perda son aqueles que usando ou non métodos de compresión, representan a información sen tentar utilizar menor cantidade de información orixinal. Fan posible unha reconstrución exacta da información orixinal.

Os arquivos de son con perda máis usados son:
MP3
ACC
Ogg
Real audio
WMA

Os arquivos de son sen perda máis usuais son:
AIFF
FLAC
WAV
MIDI